Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.421 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Wikipedia cumpre 25 anos


Adxunto a nota de prensa distribuída por Wikimedia España co motivo dos 25 anos da Wikipedia, lembrando que unha parte significativa das ligazóns que aparecen no blog van dirixidas á Galipedia, a Wikipedia en lingua galega, a máis de ter unha Categoría e unha Etiqueta adicadas dentro do blog..

Wikipedia cumpre 25 anos: un cuarto de século editando o mundo dende a colaboración humana

A maior enciclopedia libre celebra o seu aniversario reivindicando que o coñecemiento é humano, libre e colectivo.

Editando o mundo con máis de 65 millóns de artigos en máis de 300 linguas

Wikipedia non a escriben empresas nin algoritmos. Constrúena centos de milleiros de persoas voluntarias de todo o mundo

Madrid, xaneiro de 2026. Wikipedia cumpre 25 anos editando o mundo. Despois do seu nacemento ol 15 de xaneiro de 2001, a enciclopedia libre tense convertido nun dos maiores proxectos de coñecemento da historia: máis de 65 millóns de artigos en máis de 300 linguas, perto de 15 000 millóns de visitas ó mes e unha comunidade global de case 250000 persoas voluntarias que a editan cada mes.

Con motivo deste aniversario, Wikimedia impulsa a campaña global Wikipedia25, baixo o lema “O coñecemento é humano”, que pon o foco nas persoas que fan posible Wikipedia: unha rede diversa de voluntariado que investiga, contrasta fontes e constrúe coñecemento libre para toda a sociedade.

O coñecmento é humano: persoas detrás de Wikipedia

Wikipedia non a escriben empresas nin algoritmos. Constrúena centos de milleiros de persoas voluntarias de todo o mundo, que seguen normas estritas de neutralidade, verificabilidade e uso de fontes fiables. Diversos estudos amosan que cantas máis persoas e máis diversas editan, maor é a calidade do coñecemento.

Lonxe de ser un arquivo estático, Wikipedia é unha enciclopedia viva que se edita máis de 340 veces por minuto. A súa comunidade corrixe erros e combate o vandalismo en tempo récord: nas edicións máis consultadas, a maioría dos actos vandálicos revírtense en menos de dez minutos.

Coñecemento libre, sen anuncios nin venta de datos

Nun entorno dixital dominado pola publicidade e a explotación de datos persoais, Wikipedia é unha excepción: non ten anuncios, non cobra suscricións e non vende datos dos seus lectores. Finánciase grazas a pequenas donacións individuais, duns 10 euros de media, de persoas que cren que o coñecemento debe ser un ben común.

Este modelo aberto e comunitario ten convertido a Wikipedia nun recurso educativo esencial e nun referente informativo para millóns de persoas en todo o mundo.

A base do coñeocemento en Internet e na era da IA

Wikipedia é hoxe a columna vertebral do coñecemento en Internet. Os seus contidos alimentan buscadores, medios de comunicación, proxectos de verificación de feitos, iniciativas educativas e os principais sistemas de intelixencia artificial. Todos os grandes modelos de linguaxe comerciais usan Wikipedia como parte fundamental do seu entrenamento.

Nun contexto de proliferación de contidos xerados por máquinas, Wikipedia defende un principio clave: todo o seu contido é revisado por persoas, garantizando rigor e fiabilidade. Aínda que dende hai máis dunha década a comunidade usa ferramentas de IA para tarefas repetitivas, a decisión final sempre é humana.

Unha celebración global e aberta a todo o mundo

Para dar inicio ás celebracións do seu 25.º aniversario, realizará un evento virtual con xogos, entretemento, persoas invitadas e premios.

Será unha oportunidade para coñecer mellor cómo funciona Wikipedia, celebrar xunto á súa comunidade internacional e descobrer como calquera persoa pode contribuír a este proxecto colaborativo que segue a medrar día a día.

A máis, a Wikipedia en castelán celebrará o seu aniversario o próximo 20 de maio, poñendo en valor o papel das comunidades locais e do voluntariado que coida e amplía o coñecemento libre en castelán.

25 anos amosando o poder da colaboración

Dende 2001, millóns de persoas teñen amosado que a colaboración humana pode construír un coñecemento global, libre e confiable. Na era da intelixencia artificial, o coñecemento humano é máis necesario ca nunca. Wikipedia é a proba de que cando as persoas colaboran, o resultado beneficia a toda a sociedade.

Col apoio de toda a comunidade, Wikipedia olla o futuro cun obxectivo claro: seguir editando o mundo durante os próximos 25 anos, porque o coñecemeento é humano… e necesita humanos.

https://commons.wikimedia.org/wiki/Category:XI_Jornadas_de_Wikimedia_Espa%C3%B1a_ %E2%80%94_Day_2#/media/File:Jornadas_Anuales_Wikimedia_Espa%C3%B1a_2025_22.jpg

https://meta.wikimedia.org/wiki/Wikipedia_25/Celebration_toolkit/es#/media/File:WP25_S hort_lockup_knockout.png

https://meta.wikimedia.org/wiki/Wikipedia_25/Celebration_toolkit/es#/media/File:WP25_P rimary_lockup_white_25.png

Sobre Wikimedia España

Wikimedia España é unha asociación sen ánimo de lucro, declarada de utilidade pública, dedicada a promover e apoiar o libre acceso, uso, estudo, modificación e redistribución de contidos abertos. A súa misión principal é fomentar a difusión, mellora e sostenibilidade dos proxectos vinculados á Fundación Wikimedia e outras iniciativas afíns. Para acadar istos obxectivos, Wikimedia España organiza actividades de sensibilización e formación, e establece colaboracións estratéxicas con entidades públicas e privadas, tanto nacionais como internacionais. Deste xeito, contribúe a ampliar o coñecemento e o uso responsable dos recursos de coñecemento libre, fortalecendo así a cultura do acceso aberto.

Reaccións do Fediverso

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *