
O 28 de decembro é tradicionalmente celebrado o día dos Santos Inocentes. Este ano, ese día, o domingo 28 de decembro, nun sinxelo acto no Canteiro, en San Pedro de Benquerencia (Barreiros), terá lugar a celebración doutro tipo de inocencia, a que se dá ós máis polo coñecemento: será a entrega dos segundos Bítere de Honra, premios establecidos como lembranza da figura de Aurora Sampedro.
Nesta segunda edición dos premios establecidos despois do traballo de Manuel Rivero, Bernardo Penabade fará de presentador, tendo como agasallados co galardón:
- Bítere in memoriam para D Xesús Mato Mato, fundador de Fuxan os Ventos, entregado pola súa contribución á nosa cultura.
- Bítere institucional para Galicia Digital, organización representada por Xulio Xiz e o seu fillo Antonio. É outorgado polo coidado e a difusión da figura de Aurora Sampedro.
- Bítere para a persoa que destaca en dar a coñecer a nosa científica, para Yolanda Martínez Bajo, directora de talento e cultura de BBVA.
En fin, no acto, polo momento, faltas ti. Estarás?
