A modo de exercicio e lembranza:
Río Eo
Río Eo, río Eo,
Canto poder che dan,
río Eo, río Eo,
mesmo ao te maltratar.
Dende Fonteo ao mar,
as túas augas doces
baixando van.
Na Pontenova pregúntanche
onde as troitas están.
En Santo Tirso
botas e bicis á túa beira van,
onde antes o facían
o vapor e o mineral.
Ata Abres chegar,
onde deixas as túas augas
mesturando coa sal do máis alá.
Lonxe queda aínda
a beira de Porcillán,
a Vilavella, a Liñeira,
a Pancha, o mar.
Todo iso colle o nome
da ría onde vas a auga deixar.
Xa non leva o teu nome
a ría de Abres
onde vas parar
nin a de Ribadeo
invadida pola sal,
que a auga salgada
é auga do mar.
