Amencer do cinco de setembro, venres. É dicir, pasada unha noite calquera da semana, sen actidades nocturnas patrocinadas polo concello en Ribadeo (cousa xa case rara…). Unha noite que, segundo o concello de Ribadeo, se tería aplicado, coma sempre, escrupulosamente a normativa (que a nivel local no hai) e a vixiancia (tampouco) nas rúas de Ribadeo. Unha mostra que indica que aí estivo xente ate pouco antes do amencer. Desta, nin os locais hostaleiros tiveron parte moito despois da medianoite. Pero aí está a testemuña de que o ruído, en certas zonas de Ribadeo, non cesa (e a sucidade, tampouco).
