Recuncho da lectura: O club da calceta

O club da calceta. María Reimóndez. ISBN: 9788497824378. Edicións Xerais de Galicia, SA. Vigo, 2007. 270 px.
Achegamento de historias particulares nunha historia das mulleres xuntadas a partir dun interese casual como é a calceta. Historias que se suman relevando mulleres excepcionais en todas e cada unha, nas que só hai que afondar detrás da primeira casca para ver un interior insospeitado ou, ao menos, diferente. Diálogos e redacción pasan a un segundo lugar fronte á historia común.
Lido no Club de lectura da Biblioteca Pública Municipal Viejo Pancho de Ribadeo.