Hoxe tivo lugar a andaina informativa en relación á situación prevista do novo centro de saúde (polo momento, tamén ‘previsto’). De xeito pacífico, sin corear consignas (só con algunha información como as que deixo en audio en baixo, suliñada por parte de Evaristo Lombardero), pola beirarúa e pasos de peóns, e mesmo coa colaboración da Guardia Civil como se pode ver no vídeo, unha hora de ida e un bo anaco máis para a volta entre o Centro de saúde actual e o lugar previsto, así foi a andaina. Camiñando entre amigos, falando, sen aspaventos, pero recorrendo un espazo que leva o seu tempo se se está san, e que ás veces se volve imposible estando enfermo ou con algún tipo de impedimento. Por outra parte, se as fotos dan unha imaxe do transcurso, o vídeo incide en algo que xa se dixo moitas veces: sobrecargar máis de tráfico esta zona/meter unha actividade como a sanitaria nela non é de recibo.
Primeiro, algunhas das cousas que se dixeron como información:
O vídeo tomado no lugar onde se pretende situaro novo centro de saúde:
Algunhas fotos tomadas en diferentes momentos da andaina:
















