Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Soberanía Dixital V: A IA. Posibilidades e perigos


Nota de prensa amarinha.gal:

Soberanía Dixital V: A IA. Posibilidades e perigos

-O venres6 de xuño, ás 5 e media da tarde, a Biblioteca Pública Municipal de Ribadeo «El Viejo Pancho», acollerá o evento Soberanía Dixital V: A IA. Posibilidades e perigos. Unha actividade pensada para achegar ó público en xeral a unha mellor comunicación e comprensión dunha ferramenta cada vez máis ubicua, de uso cada vez máis xeneralizado tanto a nivel persoas como empresas ou institucións, e abranguendo cada vez máis actividades. Nesta ocasión o evento de amarinha.gal terá un formato de debate entre os enxeñeiros Mario Penelo e José Manuel Ventoso, ambos movéndose con familiaridade no entorno da IA. O debate será moderado pola escritora Lucía Ferro. Asemade, haberá tempo para un pequeno coloquio posterior. Esta é a quinta actividade do ciclo que se desenvolverá ó longo de 2025, impulsado polo grupo amarinha.gal, nos locais da biblioteca ribadense cedidos polo concello a tal fin. Locais solicitados e concedidos polo concello para sucesivas actividades. Neste caso, co obxectivo de difundir o coñecemento, manexo e posibilidades dunha ferramenta de rápida adopción que incide nas nosas posibilidades de Soberanía Dixital.

Como complemento, un fanzine en galego cun formato ampliado para dar acubillo ó número de artigos que nesta ocasión abranguerá a autoría non só dos membros da amarinha.gal e Mario Penelo, senón tamén doutros autores con diferentes enfoques sobre o tema da IA.

A actividade está aberta, coa única limitación do aforo, a todas as persoas, interesadas en explorar a dixitalización do mundo actual dende a perspectiva da propia soberanía dixital, ou sinxelamente en aproximarse a un futuro que xa é presente.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *