
Dentro das celebracións do Día das letras galegas, o Agrupación Cultural Francisco Lanza promove en Ribadeo esta presentación, da que me chegou o texto seguinte:
PRESENTACIÓN.
“Maxicamente vella, eternamente nova. A literatura tradicional galega”
de Carlos CALLÓN
Falarán: Dores FERNÁNDEZ ABEL (ACFL)
Carlos CALLÓN (autor do libro)
Seguimos a homenaxear ás nosas cantareiras.
Lugar: Biblioteca Municipal El Viejo Pancho
Día: xoves 22 de maio
Hora: 20,30
Organiza: AGRUPACIÓN CULTURAL FRANCISCO LANZA
Colabora: CONCELLO DE RIBADEO
A base é un libro de 104 páxinas que, fiándonos da sinopse escrita por Xerais, tenta explicar cousas como por que a túa tataravoa estaría contenta co Día das Letras de 2025, ou o que son as “recolleitas” que fascinaron a C. Tangana. Non se escapan tampouco outras como o por que os Séculos Escuros tamén foron Séculos Radiantes ou o que ten a cultura tradicional galega para abrir tanto os ollos de quen a descobre,