Recuncho da lectura: L’homme aux cercles bleus

L’homme aux cercles bleus. Fred Vargas. ISBN 9782290349229. Editions J’ai lu. Paris 2021. 220 px. (fr)
Fred Vargas, de novo lida para un clube de lectura, de novo nunha reedición, neste caso dunha obra do 96, a primeira adicada á serie do inspector Adamsberg.
Vale, xa está dito: policiaca. A autora entendo que aínda estaba na procura de estilo, pero sáelle unha obra redonda, na que deixa caer o fío condutor entre cascotes da vida de diversas persoas, co que quen le queda cun sabor a collido por sorpresa, sen que se lle tivera escapado nada: Fred escribiu así a novela…