Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Recuncho da lectura: Conta, Sherezade


Recuncho da lectura: Conta, Sherezade

Conta, Sherezade. Suso de Toro. ISBN 9788411106535. Edicións Xerais de Galicia, S.A.. Vigo 2025. 285 px.

Suso de Toro deixa un pouso sobre a época inmediata posterior á guerra civil como os pousos de café a ler polas (xeralmente mulleres, pero non sempre) lectoras de pousos. Novela con metanovela incluída, a min despistoume na súa estrutura, para rematar aceptando e aplaudindo a visión de conxunto, se ben estimo que aproveita dita estrutura para deixarse levar de xeito lene sen grandes consecuencias.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *