Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Ribadeo, ahora (e na Semana Santa)


A imaxe que adxunto remato de descargala agora despois de aparecer no meu muro de Mastodon en amarinha.gal. Corresponde a unha cámara de MeteoGalicia, que dende o porto deportivo (https://www.openstreetmap.org/#map=14/43.54013/-7.03734) enfoca a saída da ría, Ponte dos Santos por medio. Día tristón en canto a sensación dada pola meteoroloxía, tranquilo a estas horas pola xente na rúa, e vibrante polo significado dun venres santo, con tres actos en Ribadeo (10:30, procesión do Nazareno, 18:00, na igrexa, e 24:00 procesión da Soidade).

O mar calmo, o ceo que non chega a se ameazante, e a tranquilidade do momento invitan si a unha santa semana de gozo interior, particular, e non de tropel como de seguro se vivirá noutros momentos deste mesmo día.

O Agora, Carpe diem!

Unha nota para quen máis que desfrutar do agora mesmo, pense no máis aló:

Por certo, o cartel, que non se ve asinado, é da autoría de de José Juan Estévez Fernández, como tantos outros da Semana Santa.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *