Recuncho da lectura: Maths without numbers

Math without numbers. Milo Beckman. ISBN 9780141996325. Penguin Mathematics. Dublin 2022. 203 px.
Agasallo pedido, coido que foi unha boa petición e agasallo. O entenderse co inglés pode non ser doado (aínda que ten un inglés sinxelo), como no meu caso, e se se lle unen as matemáticas, pode ser máis dificultoso ou polo contrario, facilitar a lectura por ter unha certa base de coñecementos. Achegarse ó tema implica xa unha elección, claro, pero unha vez escollido, cabe dicir que é máis interesante que a maioría das novelas que poideran competir. Claro, conciso, explicativo e atractivo ata o final, mesmo diríase que in crescendo, se ben tamén cabería achacalo ó gusto persoal. Non é tanto para aprender matemáticas, que tamén pode, como para velas dende dentro e darlles un significado ó que normalmente non se chega.