
Recuncho da lectura: El asesinato de Roger Ackroid
El asesinato de Roger Ackroid. Agatha Christie. ISBN 9788467052978. Ed. Planeta. Barcelona 2024. 269 px.
Agasallado por casualidade e case devorado. Agatha Christie en estado puro; de feito, a súa primeira de Poirot. Se viches películas do detective, pero non leras antes algunha das súa obras, coido que te pode enganchar a toda a serie. Lida en tradución, entendo que ten só algún fallo testemuñal, a máis da diferencia de opinións que poda haber nalgunha pasaxe concreta entre a autora e o tradutor (e que para min son indetectables). Altamente recomendable dentro do seu xénero.