Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Recuncho da lectura: Laídos cardíacos. Poemario autobiográfico


 

Recuncho da lectura: Laídos cardíacos. Poemario autobiográfico

    Laídos cardíacos. Poemario autobiográfico. Lucía Ferro. ISBN 9788412847185. Eoditorial. Ribadeo, 2024. 186 px.

    Non é a poesía un xénero que frecuente. E necesito tempo para ir, páxina a páxina máis que poema a poema, integrándoa con traballo no meu universo persoal. O último que lera fora xa na década pasada, a ‘Antología poética’ de Gamoneda en Austral, e este libro veu lembrarme a existencia da poesía. Neste caso, unha poesía dura na súa transcendencia, que amosa o recoñecemento do achegamento dun percorrido vital ó ser da autora e ó ser hoxe. Unha reconciliación, pode que aínda sen rematar, que fai extensiva a quen o le.

    Sobre a presentación. É dicir, máis do libro.

Escrito por Agremon en Ribadeando, https://ribadeando.com, o blog de Ribadeo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *