Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Informe sucinto: ‘actuación’ no Gregorio Sanz


Informe sucinto: ‘actuación’ no Gregorio Sanz

    Informe realizado cos datos dispoñibles de xeito público na mañá do 5 de novembro de 2024.

    Feito que cobre o informe: Corta de árbores. Tala de diversos exemplares.

    Lugar: Colexio público Greogrio Sanz

    Momento no que se constata a actuación: mañá do 5 de novembro de 2024.

    Criterio seguido: descoñecido de xeito público

    Motivo: non se coñece xustificación (ver ‘Futuro do terreo’ e ‘Uso actual do terreo’)

    Execución da corta: empresa privada contradada polo concello, titular da propiedade

    Idade das árbores: variable, en todo caso, plantados o século pasado.

    Uso actual do terreo: patio e xardín para xogos e esparcemento do alumnado

    Futuro do terreo: dise que para facer un xardín

    Informe técnico: parece ser que favorable

    Opinión de usuarios, pais e sociedade en xeral: descoñecida

    Nota complementaria e comentario ó final

     Nota: 

    Citación difundida nas redes sociais: “Ante a desagradable sorpresa que nos levamos hoxe pola mañá al levar as nosas crianzas o cole e descubrir que o que parecía ser unha poda dos árbores do patio estase convertindo nunha corte dos mesmos, que xa está afectando a moitos dos exemplares  que forman parte da historia do colexio desde os seus inicios e que vai afectar a moitos mais, queremos convocar a todas as familias que poidades estar preocupados por esta medida a reunirnos hoxe a hora de recollida (3:30-3:45) diante do edificio do profesorado, para transmitirlle o noso malestar a dirección pola situación e pedir o Concello que reflexione sobre a misma e si realmente e neceseraria e axeitada”

    Comentario:

    A feito pasado, corta realizada, coido que a reflexión sobre a necesidade e axeitamento pouco pode aportar cara ó futuro.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *