Hoxe fixen un novo podcast como presentación de Ribadeando. Cabe dicir que foi un experimento (polo momento, debo tomalo como unha experiencia máis) do uso de outra ferramenta de IA, o NotebookLM de Google, que permite facer un podcast en base a documentos que se lle suban á plataforma. A única opción que ten hoxe por hoxe é o inglés norteamericano, co que as dúas voces xeradas, unha de muller e outre de home, falan do blog en inglés. Déixoo aquí só a modo de curiosidade, aínda que tentarei integrar este tipo de podcasts no blog cara ó futuro, na presunción de que se ben aínda está só en inglés, chegará un momento no que tamén integre o galego, digamos que un pouco ó rebufo do que se lles pode escoitar ás voces é un ‘fantástico blog’ que tenta potenciar esta fermosa lingua que é o galego (algo diso tamén din). Polo de agora, queda esta peza falando de xeito xeral…