Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Índices de calidade


    Hai uns días, a través dunha noticia, cheguei ó ‘Indicador multidimensional de calidade de vida‘, IMCV, construído polo Instituo Nacional de Estatística, INE. Nada moi diferente en datos do que podamos atopar noutros lugares. Mais neste caso, engádese unha curiosidade , o poder construír o noso propio índice, ponderando ó noso xeito os nove factores dos que dispón, ou mesmo, podemos quedarnso cun só. Deixo abaixo un exemplo, considerando só, e ao mesmo nivel, educación e sanidade, que podemos comparar co proposto polo INE (e que está sinalado polos puntos vermellos), pero podes experimentar calquera outra combinación.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *