Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Mes: Setembro 2024

  • Bíteres de honra

    Bíteres de honra

        O ‘Universo Aurora Sampedro‘ segue adiante. Para o día 27 está convocada a entrega dos Bíteres de Honra, os primeiros que se conceden.     A nota de prensa:  O próximo día 27, vernes, ás 17h temos a entrega dos Bíteres de Honra Aurora Sampedro.  As premiadas son: Marta Macho-Stadler, Catedrática de Matemáticas…

  • Algunha foto e algo arredor dela

    Algunha foto e algo arredor dela

    Algunha foto e algo arredor dela     Chegáronme por varias canles entre onte domingo, día grande das patronais de Ribadeo, e hoxe luns, varias fotos e varios memes feitos a partir delas. As fotos son tomas do alcalde de Ribadeo, Daniel Vega, coa vasoira e recolledor en man limpando a parte alta das escaleiras do…

  • Hoxe en Lourenzá por Palestina

    Hoxe en Lourenzá por Palestina

        Onte falei da xuntanza pola paz en Ribadeo. Hoxe domingo sumouse Vilanova de Lourenzá. Mandáronme (Enrique Fernández Rivas, de Lourenzá) fotos e o texto lido. Adxunto quedan como testemuña.  “Condenamos o xenocidio que se está a comenter por parte de Israel contra o pobo de Palestina, sendo Estados Unidos o gran patrocinador desta…

  • As festas non son iguais para todos

    As festas non son iguais para todos

        As festas non son iguais para todos. Por suposto. Nunca o foron nin o serán. É máis, non creo que as festas que se poderían celebrar en Gaza sexan igual nestes tempos que hai só uns anos, aínda estando mal a situación dende hai xa perto dun século, e aínda que a xente sexa case…

  • ESTILO MONDRA. Xosé Carlos Rodríguez Rañón

    ESTILO MONDRA.  Xosé Carlos Rodríguez Rañón

      Captura da ficha de Mondra no seu artigo de Galipedia. Lic. CC BY SA 4.0 ESTILO MONDRA Xosé Carlos Rodríguez Rañón     O teense nado co século XXI Martín Mondragón (de alcume artístico Mondra) xa ten un estilo de seu dentro da actual música electrónica, categoría na que gañou non hai moito o premio…

  • Un primeiro sábado de mes en Ribadeo, unha xuntanza de pensionistas máis

    Un primeiro sábado de mes en Ribadeo, unha xuntanza de pensionistas máis

         Un primeiro sábado de mes en Ribadeo, unha xuntanza de pensionistas máis. Á beira das festas, pero non cercados por elas. No Cantón dos Moreno, á beira tamén das terrazas e a xente mirando para outro lado (ou para a concentración, entre curiosidade e espectáculo). Hoxe e aquí, 25 persoas que se unen…

  • Xuntanza de pensionistas en Ribadeo

    Xuntanza de pensionistas en Ribadeo

         Só unha nota curta de embranza: como cada primeiro sábado de mes, nas escaleiras do concello, este sábado haberá xuntanza de pensionistas en Ribadeo.

  • Patronais en Ribadeo

    Patronais en Ribadeo

         Coas festas a piques de rematar, decátome de que non difundín a carteleira das patronais 2024. Aí vai, comezando polo final:

  • Domingo, festa pola paz

    Domingo, festa pola paz

        A paz é necesaria. A súa lembranza, o seu desexo, mesmo en festas (sobre todo, nas festas), tamén. E en Vilanova:

  • Un novo Chío: nº 31, setembro 2024

    Un novo Chío: nº 31, setembro 2024

        Despois do verán, un novo exemplar da revista Chío está dispoñible. Aquí o tes, con colaboracións diversas: Lucía Ferro, Carlos Dafonte (si, fillo doutro Carlos Dafonte), Luis Villares, Santy Gutiérrez… co tema básico do cine como fío, e dirixida por Melina López. Por certo, este e os anteriores exemplares podes velos en Chío.com.   …