O ‘Universo Aurora Sampedro‘ segue adiante. Para o día 27 está convocada a entrega dos Bíteres de Honra, os primeiros que se conceden.
A nota de prensa:
O próximo día 27, vernes, ás 17h temos a entrega dos Bíteres de Honra Aurora Sampedro.
As premiadas son:
Marta Macho-Stadler, Catedrática de Matemáticas da Universidade do País Vasco, autora do Blog “Mujeres Con Ciencia“, que estará connosco ese día.
In memoriam: Maria Antonia González Abraído, funcionaria de extensión agraria. Desenvolveu o seu traballo nas comunidades de Guitiriz e Begonte nos anos 70-80 do século XX.
Institución: IES LUCUS AUGUSTI.
Os actos comezan ás 17 h no camposanto de San Pedro de Benquerencia, coa ofrenda floral a Aurora e Maritoni, as dúas enterradas nese cimeterio. Haberá lecturas de textos e de poesía. Está invitada canta persoa quera ir. En particular, a participación nas lecturas de alumnas e alumnos dos centros educativos.
Despois continuaremos coas actividades, coma sempre, no Canteiro.
Será un acto sobrio, entrañable e cálido.