Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Un primeiro sábado de mes en Ribadeo, unha xuntanza de pensionistas máis


     Un primeiro sábado de mes en Ribadeo, unha xuntanza de pensionistas máis. Á beira das festas, pero non cercados por elas. No Cantón dos Moreno, á beira tamén das terrazas e a xente mirando para outro lado (ou para a concentración, entre curiosidade e espectáculo). Hoxe e aquí, 25 persoas que se unen ás moitas outras ó longo de Galicia e do estado. Deixo fotos que tomou Enrique Fernández Rivas (Enrique de Lourenzá) e máis abaixo, dous textos lidos por Evaristo Lombardero, quen tamén se preguntou se, tras a remodelación do hospital asilo de San Sebastián e San lázaro de Ribadeo, pasaría a privatizarse (síntoo, non gravei o audio)…

    Un dos textos lidos por Evaristo, carta para a que piden difusión os familiares dos 7291 falecidos nas residencias da Comunidade de Madrid, dirixida ó fiscal xeral e a xudicatura. Ligazón ás conclusións da comisión cidadá.

    O outro:


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *