31 de agosto sabado, e 1 de setembro, domingo, tivo lugar na Veiga unha nova edición de eco. Alí fun, escoitei e vin.
O de ver, a exposicion no polideportivo, constituída por postos diversos de venda, algún de información,e, no tempo que estiven alí, practicamente baleiros de asistentes, ou sen o practicamente, pero non por iso menos interesantes, ó meu ver, que outros noutras ocasións repletos de xente.
Sábado fun á hora da charla sobre comunidades enerxéticas. A asistencia de público foi tal que o mellor xeito de aproveitar o momento, unha vez pasada case media hora charlando con Diego Lago, o asesor encargado da charla, -é dicir, desfrutando dunha charla particular para min só- foi continuar, a proposta miña, facendo o mesmo arredor dun café con outra persoa máis que tamén estaba interesada na charla. Por suposto, tomei boa nota para ver de aproveitar as comunidades enerxéticas (minimo de 5 membros, radio máximo de subministro arredor da instalación de 2 m, custes de instalación aproximables a uns 1500 €/kW, subvención de 60 %, e moitas cousas máis que postas aquí non suplirían a explicación de Diego) así como do xeito de poñerme en contacto para que me asesoren. É dicir, unha hora en absoluto deaproveitada para min.
O domingo asistín ó debate ‘Presente y futuro del medio rural en Asturias’, que deixo en baixo gravado, adxunto un par de fotos, e que ven reseñado cos participantes no folleto que tamén deixo en baixo. Como se trataba de autoridades (políticos rexionais, empresarios punteiros do sector leiteiro e dous representantes sindicais) estaba moderado por un periodista de La Nueva España, e todo moi ben artellado a partir do Foro Comunicación y Escuela -co seu director atento ó bó funcionamento-, tiveron que poñer máis cadeiras das inicialmente dispostas. Como está gravado, non insistirei nos temas tratados, pero si nun par de liñas xerais que observei: A charla matívose máis ben fóra dos límites do titulo que dentro, co sector leiteiro como centro e total indiferencia a outros temas que entendo deberan ser a base dese rural que hai na actualidade e que se pretende no futuro. Así, o conxunto de expositores (tamén fotos máis abaixo) que tiñas os postos a carón da charla e que viñan do rural (salvo, pode, un par de excepcións) non viron recolida a súa actividade, problemas, presente e futuro a máis dalgunha verba solta. Coido que houbo unha gran diferenza na calidade das actuacións das diferentes persoas da mesa, sendo as intervencións máis precisas as dos representantes do sector empresarial (mellor, o xefe de Reny-Picot, pero tamén ben o de CLAS), e logo a do conselleiro, mentras que a do representante da oposición deslizouse xa claramente ó lado negativo, que tivo por extremo os dous representantes sindicais. Por outra banda, o moderador deixou só dúas preguntas a un público que tiveramos feito máis, algúns tentando centrar o tema…