Recuncho da lectura: Cara y cruz de la electrónica
Cara y cruz de la electrónica. Julián Marías. ISBN 8423916561. Editorial Espasa Calpe. Colección Austral. Madrid 1985. 103 px. (cast)
Certamente, non hai libro imprescindible. Mais, se consideramos que hai xa corenta anos da publicación desta obriña curta (cen páxinas de letra grande en formato pequeno) e que as circunstancias sociais dende aquela cambiaron en grande parte debido á tecnoloxía derivada da electrónica, este seria un candidato forte a tal mérito para calquera persoa interesada na sociedade ou na ciencia e tecnoloxía actuais.
Houbo quen me preguntou de que parte da electrónica trataba. Escrito por un filósofo, trata sobre o impacto social, cultural, humano ou persoal dunha tecnoloxía que non deixou de desenvolverse e de aumentar a súa importancia en calquera deses campos dende que foi escrito. Algo, por certo, predito polo autor.
Ou sexa, moi recomendable. Outra cousa é a súa accsibiidade actual: aínda que lido agora, ten moitos anos xa na miña biblioteca.