Recuncho da lectura: Confesiones de un publicitario
Confesiones de un publicitario. Daniel Ogilvy. ISBN 8475305989. Biblioteca de la empresa. Ediciones Orbis S.A. Barcelona 1984. 223 px. (cast.)
Unha primeira edición do 1963 dá testemuña dunha época que acompaña ó libro, do que é consciente o autor, se ben diriase que non de xeito pleno. En parte pode ser lido de forma versátil, a modo dun ‘Arte da guerra’ onde a case todo se lle pode atopar unha significación en moitos outros campos. E en parte, como algo que nos dá unha visión histórica dunha época.
Un libro máis ou menos obxectivo (o que lle dá un valor segundo apuntei antes) exceptuando o último capítulo, ‘¿Debería abolirse la publicidad?’ no que o autor toma partido de xeito claro.