Martes 14 de maio de 2024, 20:00 horas e uns minutos: comeza o pleno do que xa puxen a convocatoria. Do conxunto dos concelleiros, falta un concelleiro por enfermidade, Vicente Castro (BNG) e outro intervén por videocomunicación, Marcos Villamil (BNG). Ate pasar o punto correspondente á modificación po PXOM polo centro de saúde, unha representación de Modepen estivo presente logo de ter presentado hai meses un estudo, despois dunha xuntanza co alcalde.
Ningunha discusión para a aprobación de actas, ningunha tampouco para o primeiro punto a discutir (sobre bandeira e escudo de Ribadeo), ambas votacións con aprobación por unanimidade. Unha nota: o escudo, non estando previsto en principio o seu tratamento, trátase porque está a usarse pero sen aprobar oficialmente. A min cóstame crer que non se aprobara en algún momento do século pasado, a máis de estar normalizado polo uso, pero…
No punto seguinte, sobre a variación do PXOM para un novo centro de saúde, foi aprobado por unanimidade, anulada a votación para discutilo e volto a votar con unanimidade. Logo, aínda que non aparecía de xeito aparente na convocatoria, tamén se aprobou a realización de aparcamento diante das farmacias para poder coller medicamentos, entre outras cousas. Deixo en baixo a convocatoria, o audio ata a baixada dunha representación de concelleiros para facer o sorteo de mesas para as próximas eleccións, e a nota de prensa sobre o pleno emitida polo concello.
Nota do concello sobre o pleno:
“
O pleno da corporación de Ribadeo
celebrado onte, martes, aprobou por unanimidade a regularización das
taxas da Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD).
A concelleira de Educación e Cultura, Begoña Sanjurjo, explica que
“cando se incorporou a especialidade de danza á oferta da Escola
Municipal de Música fíxose como unha experiencia piloto, cun prezo
reducido para ver a demanda que había. Pasado un tempo prudencial, por
petición do profesorado da escola, agora equipáranse os prezos de todas
as disciplinas, para evitar unha discriminación do resto do alumnado da
escola. É xusto que a danza teña a mesma categoría que calquera
instrumento. Esta regularización aprobouse por unanimidade no pleno de
onte”.
Begoña Sanjurjo anunciou tamén que “o calendario da EMMeD de Ribadeo
do curso vindeiro coincidirá co calendario escolar, comezando o 11 de
setembro deste ano e rematando o 20 de xuño do 2025. Esta equiparación
cos centros escolares beneficia á conciliación das familias”.
“