Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

4 de decembro de 2023, pleno. Acta e algún comentario


4 de decembro de 2023, pleno. Acta e algún comentario

    Hai un par de días foi publicada a acta do pasado pleno do concello de Ribadeo de 4 de decembro. Deixo a ligazón e algún comentario.

    ACTA DO PLENO 2023-0017 [ACTA PLENO. ORDINARIO 4 DECEMBRO 2023]

     Comeza o tema cunha curiosidade: nunha das actas a aprobar constaba Fernando Suárez Barcia como alcalde, o que foi posto sobre a mesa polo actual alcalde, Daniel Vega Pérez. Naturalmente, foi feita a ‘corección’ como aparece nesta acta.

    Dous puntos máis adiante aparece outra corrección, pola que se lle devolven taxas mal cobradas, 403,20 €, a Mario Penelo Riva, quen debeu decatarse e pedir a súa devolución.

    Agora resulta que os concellos teñen que ter un ‘plan estratéxico de subvencións’, que foi aprobado. Aí detállanse os importes do conxunto das subvencións no 2024-2026 en extraescolares (9000 ou 9800 €, segundo o ano), festexos (40500 o próximo ano, máis 4500 en premios) ou en cultura (2000 €/ano para premios, máis para actividades), por exemplo.

    O punto sexto recolle unha nova adicación exclusiva, a de Montse Seijo, concelleira de RRHH, seguridade e atención cidadá, que pasa de ter adicación parcial a completa, e asignación de 1500 €/mes brutos a 2368,65 €/mes. Pouco trae a acta da deliberación que houbo, según a mesma acta.

    Despois de aprobar a variación da RPT (Relación de Postos de Traballo) do concello, pasouse á aprobación do orzamento, que a oposición di que non tivo tempo de mirar. O orzamento, en resume, é este:

[Por se alguén o quere en modo texto, reprodúzoo ó final dese xeito]

    O orzamento foi aprobado, sinalando a oposicion divrsas disconformidades.

    As preguntas finais, que soen ser máis do día a día, foron sobre o alumenado do Nadal, subministro, montaxe e funcionamento, sobre o prezo de subvención das actividades do Nadal, sobre a rehabilitación do Xulgado de Paz, o mantemento dos campos de fútbol, o uso inadecuado do parque móbil de concello, as actividades privadas lucrativas en locais do concello, o cobro por ver Matria e o uso desexable da lingau galega nos orzamentos. Sinala a acta algunha breve resposta, non a todas as preguntas.

    Duración do pleno: entre 20:30 e 23:15.

— Orzamento:

GASTOS
Cap. Descripción Recursos
A.- OPERACIONES CORRIENTES
1 GASTOS DE PERSONAL 4.845.925,22
2 GASTOS CORRIENTES EN BIENES Y SERVICIOS 4.811.635,53
3 GASTOS FINANCIEROS 82.789,60
4 TRANSFERENCIAS CORRIENTES 371.089,28
5 FONDO DE CONTINGENCIA Y OTROS IMPREVISTOS 318.731,49
Total operaciones Corrientes 10.430.171,12
B.- OPERACIONES DE CAPITAL
6 INVERSIONES REALES 1.720.232,40
7 TRANSFERENCIAS DE CAPITAL 5.500,00
8 ACTIVOS FINANCIEROS 27.045,54
9 PASIVOS FINANCIEROS 160.612,12
Total operaciones de Capital 1.913.390,06
Total Presupuesto 12.343.561,18

INGRESOS
Artículo Descripción Por artículos
IMPUESTOS DIRECTOS 0,00
11 IMPUESTOS SOBRE EL CAPITAL 2.641.000,00
13
IMPUESTO SOBRE LAS ACTIVIDADES
ECONOMICAS 193.000,00
TOTAL CAPITULO 1 2.834.000,00
IMPUESTOS INDIRECTOS 0,00
29 OTROS IMPUESTOS INDIRECTOS 740.000,00

TOTAL CAPITULO 2 740.000,00
TASAS, PRECIOS PUBLICOS Y OTROS
INGRESOS 0,00
30
TASAS POR PRESTACION DE SERVICIOS
PUBLICOS BASICO 1.959.000,00
32
TASAS POR REALIZACION DE ACTIV.DE
COMPETENCIA LOC 157.000,00
33
TASAS POR UTILIZ. PRIV. O EL
APROVECHAM DOM.PUBLI 409.000,00
34 PRECIOS PUBLICOS 293.500,00
39 OTROS INGRESOS 87.274,06
TOTAL CAPITULO 3 2.905.774,06
TRANSFERENCIA CORRIENTES 0,00
42 DE LA ADMINISTRACION DEL ESTADO 2.513.335,05
45 DE COMUNIDADES AUTONOMAS 1.140.257,51
46 DE ENTIDADES LOCALES 50.000,00
TOTAL CAPITULO 4 3.703.592,56
INGRESOS PATRIMONIALES 0,00
55
PRODUCTOS DE
CONCESIONES,APROVECHAMIENTOS
ESPECIA 512.809,02
TOTAL CAPITULO 5 512.809,02
ENAJENACION DE INVERSIONES REALES 0,00
60 DE TERRENOS 85.000,00
TOTAL CAPITULO 6 85.000,00
TRANSFERENCIAS DE CAPITAL 0,00
75 DE COMUNIDADES AUTONOMAS 904.340,00
76 DE ENTIDADES LOCALES 331.000,00
TOTAL CAPITULO 7 1.235.340,00
ACTIVOS FINANCIEROS 0,00
83
REINTEGROS PRESTAMOS DE FUERA DEL
SECTOR PUBLICO 27.045,54
TOTAL CAPITULO 8 27.045,54
PASIVOS FINANCIEROS 0,00
91 PRESTAMOS RECIBIDOS EN EUROS 300.000,00
TOTAL CAPITULO 9 300.000,00

TOTAL PRESUPUESTO 12.343.561,18]


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *