Como os primeiros sábados dende hai anos, este que vén, mañá cinco de agosto, hai concentración pensionista en Ribadeo, no Cantón, ás doce da mañá. Libre, aberta e cada vez máis concienciada non só das pensións públicas, senón dos servizos públicos sanitarios ou os educativos. Conciencia de que existe roubo do que é de todos, de que hai desigualdade, de que as fakes/mentiras medran e non cambian a cor de cara de quen as di…