O pasado sábado fíxose a homenaxe ós irmáns Coira coa adicación do XVII Hectómetro Literario no Paseo dos soños de Vilalba. Con ese motivo comecei a argallar un artigo na Galipedia, do que, a falta dunha entrada adicada de xeito específico ó acto do sábado, recollo:
O Paseo dos soños é unha zona do paseo fluvial de Vilalba, á beira do río Magdalena,
na que se levan poñendo fitos conmemorativos da labor de chairegos
destacados dende o ano 2006, a razón dun fito por ano. Cada fito vén
denominado como ‘Hectómetro literario’. A Irmandade Manuel María e a Asociación Xermolos, en colaboración co Concello de Vilalba, levan a cabo a organización.
Hectómetros literarios
Ata o momento, os Hectómetros literarios e a súa adicación son os seguintes:
I.- Paco Martín (Francisco Martín Iglesias) (2006)
II.- Manuel María Fernández Teixeiro (2007)
III.- Agustín Fernández Paz (2008)
IV.- Xabier P. DoCampo (Francisco Xavier Puente Docampo) (2009)
V.- Darío Xohán Cabana (2010)
VI.- Xosé Manuel Carballo Ferreiro (2011)
Paseo dos Soños. Hectómetro Margarita Ledo
VII.- Margarita Ledo Andión (2012)
Paseo dos Soños. Hectómetro adicado a Helena Villar e Xesús Rábade
VIII.- Xesús Rábade Paredes e Helena Villar Janeiro (2013)
Paseo dos Soños. Hectómetro Xosé Chao
IX.- Xosé Chao Rego (2014)
Paseo dos Soños. Hectómetro Ramón Chao
X.- Ramón Luis Chao Rego (2015)
Paseo dos Soños. Hectómetro Xulio Xiz
XI.- Xulio Xiz (Julio Modesto Giz Ramil) (2016)
Paseo dos Soños. Hectómetro adicado a Mini e Mero
XII.- Mini e Mero (2017)
XIII.- Alfonso Blanco Torrado (2019)
Paseo dos Soños. Hectómetro Fernán Vello
XIV.- Miguel Anxo Fernán-Vello (2020)
Paseo dos Soños. Hectómetro Sonia Villapol
Paseo dos Soños. Hectómetro Victor Corral
XV.- Víctor Corral (2021)
XVI.- Sonia Villapol Salgado (2022)
Paseo dos soños. Hectómetro irmáns Coira
XVII.- Irmáns Coira (Pepe, Carlos e Jorge) (2023)
A adicación de cada hectómetro levou consigo un pequeno encontro arredor da obra da persoa ou persoas homenaxeadas no Muíño do Rañego, paseo da comitiva acompañada de xeito musical ata o lugar do novo fito, e a adicación en si.