![]() |
Foto de Suso da concentración do 20230401 |
Un novo primeiro sábado de mes, concentración pensionista en Ribadeo. 52 persoas contadas no Cantón, á beira do Pazo de Ibáñez coas bandeiras a media pao por mor do accidente de tráfico de poucas horas atrás con catro mortos, que tamén foi lembrado na concentración cun minuto de silencio. Falaron Evaristo Lombardero, José Ángel Salvatierra, Básaro López e Antonio Gregorio
Texto (aproximado) lido por Evaristo Lombvardero:
Sábado 1 de Abril de 2023 (minuto de silencio polos xoves falecidos en accidente de tráfico)
Bo
día compañeiras e compañeiros, agardemos que non nos colla a choiva e
menos ainda os incendios que están asulagando tanto en Asturias
como en Galicia miles de hectáreas de monte.
Quixera
comentar hoxe dous temas da máxima actualidade de gran interese para os
xubilados e xubiladas e para os que o van ser nos próximos
anos. Pero antes quixera facervos un chamamento para que haxa mais
intervencións e opinións porque todas son necesarias para que esto non
se convirta nun monólogo aburrido e repetitivo.
De
estes dous temas vou tratar primeiro o de Francia, que se ben xa o
coñecemos todos polos medios de comunicación, anque estes tratan
de manterlo o mais caladiño posible hai algún aspectos que quero
suliñar. Como xa sabemos as movilizacións en Francia comezaron por un
grupo de estudantes e posteriormente foron apoiadas por todos os
sindicatos, incluido o mais próximo ao goberno, que pretende
a xa aprobou por decreto a subida da edade de xubilación de 62 a 64
anos. O que quero suliñar é que as movilizacións en Francia tiveron unha
importante repercusión nas esixencias da Unión Europea á hora de
negociar co goberno español o texto do último decreto
lei que logo comentaremos, tal como recoñeceron diferentes medios nos
días pasados, beneficiando así as reivindicacións dos pensionistas
españoles. Pero non so eso, senón que en unha crónica publicada onte por
axencia aparece o relato de que o goberno inglés
acaba de conxelar a decisión tomada xa en 2017 de subir a edade de
xubilación dos 66 aos 67 anos entre 2026 e 2028, pero agora este goberno
conservador, absolutamente sumiso as ordes do Banco Mundial e dos
líderes do neoliberalismo aplaza a execución de ese
proxecto para despois das eleccións xerais de 2024, tomando nota as
movilizacións francesas que están sendo as maiores dos últimos 40 anos e
por medo a que se reproduzan as movilizacións en Gran Bretaña, ou sexa
entroulles o medo no corpo como se soe decir.
Naturalmente que non imos descubrir agora que as movilizacións das
clases traballadoras son a principal ferramenta que temos para presionar
aos gobernos de calquer color e conseguir melloras sociais ou laborais e
este é un exemplo actual que demostra unha
vez mais a lei da gravedade e como unha actuación en un país repercute
en outro porque os problemas son moi similares e están determinados
polas políticas mundiais do FMI, a UE, a banca e as multinacionais. Como
sabedes hai poucos días celebrouse un encontro
no Pais Vasco de plataformas de pensionistas do estado español e alí
estiveron catro compañeiros e compañeiras de Modepen e tiveron conversas
e debates con compañeiros franceses e de outros países europeos de
maneira que se está xestando unha coordinación
interestatal europea que traguerá avances nas loitas por unas pensións
dignas e uns dereitos sociais que nos foron arrebatadas nos últimos anos
na estratexia neoliberal de derrubar o chamado estado de benestar. Non
me extendo mais neste tema que xa coñeces
pero que debe servir para convencer a moita xente que ainda sigue
pasiva e desmovilizada, agardando o maná, da importancia de participar e
sair da casa e xenerar grandes ou pequeñas movilizacións en todos os
pobos e ciudades.
O
segundo tema que quero comentar hoxe é o asunto do último decreto lei
sobre pensións publicado no BOE o 17 de marzo que leva por pomposo
título “
Medidas urxentes para a ampliación dos dereitos dos pensionistas, a reducción da brecha de xénero
e o establecimento dun novo marco de sostibilidade do sistema
público de pensións”. Sobre este decreto xa tedes coñecemento pola
prensa e polas notas que publicaron as plataformas de pensionsitas
agrupadas na Unidade de Acción e que foi convalidado
antonte polo Congreso dos Deputados con 179 votos a favor do PSOE, Unidas Podemos, Más País, Compromís,
PNV, ERC, EH Bildu y PDeCAT e outros e 104 votos en contra,
PP Ciudadanos
a CUP e o BNG e ca abstención Vox, se ben hai que suliñar que os votos
en contra da CUP e o BNG foron por motivos radicalmente diferentes dos
argumentos do trifachito. Sen entrar
en moitos detalles os argumentos do BNG e da CUP están moito mais
cercanos aos das plataformas de pensionistas de pensionistas que esixen
reformas de mais calado, mentras que os do trifachito rexeitan ata as
pequenas melloras de este último decreto lei.
Imos pasar revista brevemente aos contidos que nos benefician e
os que nos perxudican desta nova norma legal, pero antes hai que suliñar
mais unha vez que o escenario político e parlamentar que nos atopamos
sería impensable sen a existencia das plataformas
de pensionistas e das movilizacións sustentadas ao longo de estes anos.
A UXT e CCOO, que tamen aprobaron o decreto e
mesmo os partidos a esquerda do PSOE e o mesmo goberno nunca
presionarían polas pequenas reformas conqueridas se non estivésemos nos
na rua semana tras semana en todas as CCAA do estado español.
Tomando como referencia un informe de Xabier Pérez Davila, o comunicado das Plataformas do estado español e
outros
comentarios podemos decir que o decreto aumenta os ingresos do sistema
público de pensións por varias vías sen poñer o inzo nos recortes como
pretenden os grupos de dereitas e como pretendia
o 0.25 de Rajoy e este é un aspecto positivo . Ou sexa no momento
actual o goberno e os seus aliados non cuestionan a viabilidade
económica do sistema público de pensións o cal conceptualmente é un
avance anque despois dependerá de como se executen as medidas
concretas ao longo dos anos. Sin embargo non podemos ser tan parvos de
non lembrar que está sen realizar a auditoria de contas da Seguridade
Social, que o Tribunal de Contas xa ten recoñecida unha débeda do estado
ca Caixa de Pensións de 103 690 millon de
euros e que dacordo ca propia lei de 2021 aprobada por este goberno a
auditoría
xa debera estar rematada a 30 xunio de 2022.
Querse dicer que buscar vías de financiaciacón do sistema
público de pensións como prevé o decreto lei incrementando as
cotizacións dos salarios mais altos que actualmente están limitadas aos
45 000 euros ao ano, ou sexa que un salario de 90.000 euros
ao ano so cotiza polos primeiros 45 000 e por esa via vanse aumentar
sensiblemente as cotizacions como tamén polo incremento do porcentaxe do
PIB dedicado as pensións que pode acadar o 15 % así como outras
medidas, pero que en última instancia hai que saber
con exactitude cal é o estado dos fondos da Caixa de Pensións e iso non
se vai saber mentras non se faga a auditoria que dará datos concretos
sobre os millons de euros que foron desviados ao longo de mais de trinta
anos da caixa de pensións a outras actividades
económicas como o xa citado repetidamente dos 64 000 millons de euros
desviados por ´Rajoy aos bancos en 2008 e dos que non se devolveron mais
de 6000. Naturalmente as dereitas e os seus ideólogos seguen negando a
viabilidade económica das pensións públicas
pero hai que lembrarlles duas noticias frescas, unha a crise bancaria
suiza das semanas pasadas que supuxo a caída do xigante Credit Suizse e
tivo que ser rescatado con fondos públicos con unhas perdas
multimillonarias e un impacto extensivo a numerosos países
e economías que chegou a xenerar un gran temor a que se extendese a
todo o sistema bancario mundial como sucedeu en 2008 ca crise de Lehman
Brothers, a maior creba da historia en Estados Unidos con un
poderosísimo efecto dominó en todo o mundo e tamén desexo
lembrar porque afecta en certo modo a Ribadeo da fuxida de Ferrovial a
Holanda da man do fillo de Rafael del Pino que como sabedes o pai
construiu unha mansión en Riocainzos en Vilaframil con unha enorme
propiedade e casou con unha irmá de Leopoldo Calvo Sotelo.
Pois ben este grupo que naceu en 1952 grazas as vantaxes e enchufes que
lles deu a victoria na guerra fascista, agora para evadir centos de
millons de euros en impostos vaise aos Países Baixos despois de zugar
miles de millons en subvencions do estado español
e dase a circunstancia de un membrode este grupo económico é un dos
ideológos mais activos do neoliberalismo español e dos que mais escriben
en contra das pensións públicas e da sua viabilidade, pero cando chega
este momento económico de crises bancaria e
de fuxida do irman maior Rafel del Pino Calvo Sotelo que ten a maioria
das accions de Ferrovial para eso non teñen nada que analizar sobre a
viablidade de eses emporios de capital e poder que son os verdadeiros
causantes das crisis económicas, do paro, da
suba de prezos e da falta de recursos, se os houbera, para os servizos
públicos. Este é o contexto económico e social no que nos movemos, estos
son osverdadeiros poderes económicos e nos podemos esquecelo nin por un
segundo anque critiquemos e comentemos as
políticas deste goberno de esquerdas.
O decreto tamén
introduce
algunhas melloras para reducir a fenda de xénero, por exemplo
incrementando os anos dedicados aos coidados que se considerarán
cotizados e o aumento dun 10% do complemento
por fenda de xénero, medidas que non serán suficientes para acabar con
esta fenda, mais si a reducirán. Asemade aumenta as pensións mínimas, se
ben queda moi lonxe da reivindicación dunha pensión mínima de
1080€/mes. E tamén foi rexeitada a proposta inical
de aumentar de 25 a 30 anos o período de cálculo da base reguladora das
novas pensións iniciais deixando a opción durante un tempo de elexir
entre o calculo dos últimos 25 anos ou
dos últimos 29 suprimindo os dous mais desfavorables, elección
que será optativa para as persoas pendentes de xubilarse. Pero a esto
temos que respostar que o periodo de calculo da base reguladora
ampliouse dos 15 aos 25 anos no 2011, tamén co respaldo
de CCOO e UXT e que aquela norma non foi derrogada como vimos esixindo
as plataformas de pensionistas. Ou sexa que quedarnos nos 25 anos e
menos malo que chegar aos 30 pero non é recuperar os 15 como entende
calquer parvo.
E moi ben sabemos que na situación de precariedade laboral na que
nos atopamos moitos traballadores e traballadoras non van ter uns 25
anos cotizados a niveis dignos cando lles chegue a edade de xubilación.
Polo tanto o decreto neste ponto tampouco é
para botar foguetes.
Como tampouco derroga a lexislación de 2022 que introuciu mais
facilidades para a privatización das pensións a través de facilitar a
xestión dos fondos públicos por bancos e entidades privadas e dos
convenios de empresa.
En
resumen o novo decreto non reproduce os pronósticos mais negativos que
se esperaban da política e da cultura filobancaria do Sr. Escriva,
pero está moi lonxe de satisfacer a demandas mais urxentes das
plataformas, a suba das pensións mais baixas, a fenda de xenero e a
garantía definitiva da sustentabilidde do sistema público de pensións a
través dos presupostos xerais do estado.
Para rematar vou ler a lista de reivindicacións mais urxentes que
ten prantexada na actualidade a coordinadora de platafomas Unidade de
Acción non sen antes insistir en que a única ferramenta útil para
defender os intereses dos pensionistas e en xeral
das clases traballadoras e a movilización na rua, o debate, a
transmisión de información veraz nun mundo absolutamente manipulado
polos medios de desinformación e por tantos e tantas profisionais e
políticos dedicados en corpo e alma as 24 horas do día a engañar
ás clases trabaladoras a meternos na cabeza bulos e fantasías propias
do sistema neoliberal e a dividir e enfrontar aos distintos sectores da
sociedade traballadora creando a impresión de uns quitamos o traballo a
outros ou as persoas que veñen de outros países
non a xogar aofutbol senon a traballar son os reponsabeis das
dificultades económicas dos mais necesitados.
Esta lista é a seguinte:
1. Pensión mínima de 1080 euros.
2. Eliminación efectiva da fenda de xénero.
3. Período de cómputo para o cálculo das pensions, dos mellores quince años de cotización de cada persoa.
4. Auditoría xa, das contas da Seguridade Social, en cumplimento da Ley.
5. Xubilación aos 65 anos, no camiño cara aos 60.
6. Actualización de pensions e salarios según o IPC real e anual, e recuperar a paga compensatoria anual pola
pérda do poder adquisitivo das pensions.
7. Derrogación das reformas de 2011 e 2013 e as seguintes de 2021, 2022 e 2023.
8. Non aos
plans de pensions privados de empresa, nen á xestión privada das pensions públicas.
9. Xubilación anticipada sen penalización a partir dos 40 anos cotizados.
10. Non á descapitalización da Seguridade Social, nen á
liquidación do seu patrimonio inmobiliario. ¡¡¡ GOBERNE QUEN GOBERNE AS PENSIONS E SERVIZOS PUBLICOS DEFENDENSE
¡¡¡¡