Onte houbo un pleno, extraordinario e urxente, que incumbiu á convocatoria de subministro de auga para os próximos anos. Este non foi retransmitido, que eu saiba, e del xa se colgou a acta, que deixo en baixo. Mentres, as verbas coas que comeza a nota de prensa da alcaldía sobre o tema: “A Corporación Municipal, en pleno extraordinario e urxente celebrado
esta tarde, acordou de xeito unánime de todos os grupos subscribir o
contido dos informes técnicos que serán remitidos ao Tribunal
Administrativo de Contratación Pública de Galicia diante do que foron
presentados tres recursos contra o contrato de concesión de servizos do
ciclo integral da auga de Ribadeo. Mentres se resolve esta cuestión
queda en suspenso o prazo de presentación de ofertas. “
ACTA DO PLENO 2023-0004 [ACTA PLENO EXTRAORDINARIO URXENTE 21.03.2023]
Asemade, nos últimos días foron colgadas outras actas:
ACTA DO PLENO 2023-0003 [ACTA PLENO EXTRAORDINARIO URXENTE, 2º. DATA 17.03.2023]
ACTA DO PLENO 2023-0001 [ACTA ORDINARIA DE PLENO. 16 DE FEBREIRO DE 2023]
ACTA DO PLENO 2023-0002 [ACTA PLENO EXTRAORDINARIO URXENTE, 1º. DATA 17.03.2023]