Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Nota de prensa AVV Por Nuestro Faro: sentencia absolutoria fronte a denuncia de Eirobra


A illa Pancha, a vista de satélite

AVV Por Nuestro Faro

Nota de prensa 20230321

    Dende a AA VV POR NUESTRO FARO damos conta da sentencia absolutoria
dictada pola Sección Segunda da Audiencia Provincial de Lugo, a vinte de
febrero de 2023, a favor do noso compañeiro Evaristo Lombardero Rico,
denunciado por Eirobra SL, que o acusaba de inxurias e calumnias, como
se viu, sen fundamento nen proba de nengunha clase.

    Os antecentes son os seguintes:


A mediados de 2017 a empresa concesionaria do proxecto turístico do
Faro da Illa Pancha presentou unha querella xudicial no Xulgado de
Mondoñedo acusando a Evaristo Lombardero de un delicto de inxurias e
calumnias contra a misma por declaracions realizadas a diferentes medios
de comunicación.

2º O xuicio oral tivo lugar o día 5 de febreiro
de 2021 no Xulgado nº 1 do Penal de Lugo resolvendo a absolución do
acusado pola falta de consistencia das acusacións.

3º Esta
sentencia foi recurrida pola empresa concesionaria diante da Audiencia
Provincial que na data devandita ratificou a sentencia absolutoria do
Xuzgado do Penal.
    Pola nosa banda procede lembrar que en ningún
momento do proceso iniciado a mediados de 2015 ca concesión do faro da
Illa Pancha para fins turísticos nos temos referido á empresa
concesionaria, nen tan sequera a título de insinuación ou comentario
algún sobre as súas actitividades. Os nosos escritos e declaracións
sempre foron dirixidos ós responsables administrativos e políticos das
xestions iniciadas pola Autoridade Portuaria e seguidas polo concello de
Ribadeo e a Xunta de Galicia, e sempre seguindo as normas básicas de
educación e respeto ás persoas. E eso pese a recibir numerosas faltas de
respeto, tanto a nivel persoal como nos medios sociais e nos medios de
comunicacion, a nós e ás nosas familias, e ser obxecto de actitudes
despectivas que nunca quixemos respostar. Como temos reiterado en
numerosas ocasións, o obxectivo inicial, que sigue sendo o principal do
noso colectivo, é loitar contra a privatización da Illa Pancha por
entender que se trata dun espazo singular e identitario de Ribadeo e que
debera ser de uso público en todos os sentidos. Nesta proposta a
personalización da empresa concesionaria carece de interese e non merece
máis comentarios, sen deixar de suliñar a falla de consistencia da
querella.

    Ao marxe do caso concreto actual, quixéramos poñer no
centro do debate, mais unha vez, o dereito dos veciños a participar e
opinar sobre as decisión políticas dos gobernos e a recibir unha
información coherente e unas respostas concretas ás suas demandas sen
ter que soportar deseguido desprezos, insultos e negativas diante de
calquer iniciativa que non encaixe nos intereses económicos ou políticos
das minorías dominantes. O caso da Illa Pancha é un exemplo
paradigmático de este tipo de situacións pero non nada novo nen
excepcional, do que se poden poñer outros moitos exemplos do nivel local
ó internacional. Actitudes reaccionarias a calquer avance científico e
cultural que non case cos seus intereses, supoñen un pesado lastre para
avanzar no desenvolvemento económico e social da comunidade en conxunto,
e polo tanto contribúen a agravar os problemas e carencias da sociedade
actual.

    Remataremos lembrando que a negativa a recoñecer e
entender os informes do Defensor del Pueblo por parte do Concello de
Ribadeo e da Autoridade Portuaria é un exemplo mais das políticas
negacionistas e favoritistas que fan do proxecto da Illa Pancha un
modelo de actuación inaceptable, por incumplir sistematicamente as
esixencias da lexislación medioambiental española e europea en zonas
afectadas pola Rede Natura 2000, como é o caso da Ría de Ribadeo.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *