Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

O venres houbo un pleno extraordinario urxente


Convocatoria do pleno

 O venres houbo un pleno extraordinario urxente

    O venres 17 de marzo houbo un pleno extraordinario urxente no concello de Ribadeo, despois da proposta presentada polo concello para darlla á Xunta de Galicia. Cunha característica diferencial en relación a outros: sendo vía Zoom, foi gravado e colgado en Youtube, e está accesible. De feito, déixoo colgado en baixo. Sendo urxente, o primeiro punto foi tratar precisamente esa urxencia. E o feito de que a diferencia dos outros, estea colgado na rede, debera dar un alicerce para velo (dura 53 minutos). Por iso me estraña que a estas alturas, máis de 50 horas despois, non teña máis que 272 reproducións (das que con total seguridade, a maioría serán duns poucos minutos) e ningún comentario. Comentario que tampouco farei aquí, tendo a oportunidade todo o mundo de velo en diferido e valorar o que se di nel, a súa oportunidade, ver que partidos teñen os concelleiros nun mesmo lugar, etc, incluída a unanimidade da votación (nota de prensa do concello). Boa visión!


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *