Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Nota de prensa: Por Nuestro Faro pide ó alcalde que aplique a lei


 

A illa Pancha, a vista de satélite

Por Nuestro Faro pide Ó alcalde que aplique a leI

Tras o informe dol Defensor del Pueblo recibido pola asociación e
polo alcalde de Ribadeo o pasado mes de febreiro, Por Nuestro Faro
tense dirixido ó alcalde para pedirlle que aplique canto antes as
resolucións concluíntes de esa institución.

A queixa enviada ó Defensor por parte da nosa asociación tiña
como orixe o procedemento administrativo seguido polo Concello de
Ribadeo para aprobar a licenza de apertura da cafetería da Illa
Pancha, sen ningún tipo de informe medioambiental.

 O correo enviado ó sr. Alcalde di textualmente :

« Como Vde. recordará ou terá constancia polos arquivos do
Concello, o proxecto de cafetería foi aprobado pola Xunta de Goberno
do Concello de Ribadeo o día 19 de maio de 2020, ou sexa dentro do
período de confinamento, cando as oficinas do Concello non estaban
abertas ao público, sen que existise un motivo de urxencia
xustificado e un mes antes de que o noso grupo poidese acceder ao
expediente.

O día 20 de Xullo de 2020, dentro do prazo legal, o noso
colectivo presentou un Recurso de Reposición en base ao argumento
seguinte: se o proxecto inicial dos apartamentos turísticos requería
a realización dun Estudo de Impacto Ambiental Simplificado para
evaluar a posible afección aos obxectivos de conservación da Rede
Natura 2000 -e así foi admitido pola Autoridad Portuaria-, resultaba
obvio que debera ser preceptiva a realización do devandito estudo
diante dun novo proxecto de cafetería aberta ao público que
multiplicaría os impactos do proxecto inicial.

Con todo o Concello de Ribadeo rexeitou o noso recurso, e sen base
xurídica algunha respostounos que os informes do Defensor del Pueblo
facían referencia ao proxecto inicial e non serían de aplicación á
nova cafetería prevista no segundo proxecto. Unha resposta que
cualificamos de incoherente e que só agochaba a decisión de non
avaliar os innegables impactos do segundo proxecto. Tamén era
evidente a falacia de afastar os impactos do primeiro proxecto dos do
segundo, negándose a aplicar a normativa vixente nun espazo da Ría
de Ribadeo afectado pola Rede Natura 2000, como ven recollido no art.
7.2 da lei de Impacto Ambiental 21/2013 de 9 de decembro. »

Todos estes extremos foron notificados ao Defensor del Pueblo que
xa con data do 2/11/21 nos notificou, como tamén ao Concello de
Ribadeo, que “os procedementos establecidos na Lei 21/2013 de
Avaliación Ambiental, deben ser previos á autorización sustantiva;
e tamén aos actos municipáis de intervención, tanto no
outorgamento de licenzas
como de supervisión de comunicacións previas, de acordo con a
lexislación urbanística”.

O
Defensor del Pueblo no seu último informe do pasado mes de febreiro
expresa que «el certificado de no afección del proyecto a la red
Natura 2000 en la medida en que excluye una evaluación reglada en un
gran número de supuestos, debe estar suficientemente motivada
conforme a la ley y, por tanto, debe incluir todos los efectos
apreciables que puedan producirse durante la ejecución y explotación
del proyecto y estar referida a los objetivos de conservación del
espacio, de manera que quede acreditado que no se afecta a la
integridad de dicho espacio.» […] «Si no se valoran todos esos
efectos, no puede decirse que la valoración haya sido adecuada ni
que la Administración se haya asegurado de que el proyecto no
perjudica la integridad del espacio».

Agora
Vdes teñen, como temos nos, a evidencia documental e xurídica de
que veñen mantendo un procedemento administrativo irregular, ou sexa
fora da norma esixida, e que os dous proxectos de Apartamentos e
Cafetería na Illa Pancha, desdobrados por unha decisión
inxustificable, deberan ter sido sometidos ao preceptivo Estudo de
Impacto que esixe a lexislación devandita.

En
consecuencia, pedimos ao Concello de Ribadeo que teña en
consideración os informes do Defensor del Pueblo, aplique a lei,
rectifique e revoque as decisions tomadas á marxe da esixencia legal
do Estudo de Impacto Ambiental, e no caso de que non se realice
urxentemente queden sen efecto as licenzas de actividade dos
apartamentos e da cafetería da Illa Pancha. »

A
VV Por Nuestro Faro


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *