Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

O CONCELLO DE RIBADEO E O NOME DA RIA. Evaristo Lombardero


 O CONCELLO DE RIBADEO E O NOME DA RÍA 


 


       
Aínda que poida semellar estraño para algúns lectores, o Concello de
Ribadeo, presidido polo BNG, leva mais de 15 anos promovendo a
denominación “Ría del Eo” ou poñéndose de costas as manobras políticas
dos gobernos asturianos para facerse o paladín da “Ría
de Ribadeo” nos últimos meses. Imos pasar revista ás hemerotecas e
 
documentos públicos. 


       
A construcción do mantra identitario da “Ría del Eo” non ven da
semana pasada, pero tomaremos como referencia o mes de Abril de 2006,
porque a partir desas datas é cando se pode apreciar a decisión política
do goberno de D. Vicente Areces (qepd) de sustituir
no Nomenclator Xeográfico Español a denominación “Ría de Ribadeo” pola
alternativa “Ría del Eo”. O primeiro paso foi a declaración do político
devandito en Tapia de Casariego segundo a cal era a “Ría del Eo” “desde
la escuela”. O seguinte foi a presentación
en Vegadeo, o día 6 de Abril, de
Carlos
Madera, Director Xeral de Cultura, para anunciar a creación de unha
comisión de “expertos” que estudiarían cal era o nome correcto da ría,
si “del Eo” o
“de Ribadeo” ainda que xa se decantaba sen ambaxes e declaraba que o
nome correcto era “del Eo”, ou sexa a conclusión xa estaba dictada antes
de comezar a investigación.  Constituída a comisión,  os seus traballos foron publicados pola Consellería de Cultura
en maio de 2007 nun folleto de 57 páxinas que leva por titulo “Ría del
Eo. Informe y conclusiois” (en galego de Asturias). Nese folleto, que xa
temos comentado repetidamente neste medio
e no blog “Ribadeando” de Antonio Gregorio, aparecen tres  artigos e dous apéndices que carecen do máis mínimo rigor
historiográfico e cartográfico, así como tres simulacros de enquisas que
non son senón entrevistas dirixidas a 87
 veciñ@s de algúns concellos 
da bisbarra galaicoasturiana (0,11 % de 70 000 hab) das que se
tira a conclusión de que a denominación “Ría del Eo” é maioritaria no
occidente de Asturias e ten unha antigüidade semellante á “Ría de Ribadeo”.
 Da pobreza documental destes “informes” so lembraremos que pasa por alto as obras de Pedro de Teixeira, o coengo
 Molina e
outros materiais dos séculos XVI e XVII. Pois ben, tras unha ampla
difusión, estes informes serviron de base para que o goberno asturiano
promovese a proposta diante da CENG de que
 a
denominación oficial fose substituida pola “Ría del Eo”. Como é sabido a
CENG rexeitou a proposta no pleno do día 8 de marzo de 2008. Aquí hai
que suliñar dous puntos. Primeiro: a iniciativa do goberno asturiano
foi unilateral e polo tanto belicosa. Segundo: o concello de Ribadeo e o
BNG non tiveron nada que decir ao longo de este proceso e da
 longa campaña mediática do goberno arecista. 

       
A segunda xogada na que o goberno municipal de Ribadeo xa tomou
partido pola normalización da “Ría del Eo” foi a publicación do libro
“La Ría del Eo Naturaleza entre dos aguas” en versión castelá e “A Ría
de Ribadeo Natureza entre dúas augas” en versión
galega. Este libriño publicado en maio de 2009 e presentado polo Sr.
Alcalde de Ribadeo nas escaleiras do concello o día 18 do mesmo mes, foi
promovido pola Asociación Puente de los Santos, da cal era presidente o
Sr. Alcalde de Castropol e secretario o Sr.
Alcalde de Ribadeo. Pois ben, na páxina once das dúas edicións figura o
seguinte texto: “o mar penetrase separando Asturias (onde se coñece
como “Ría del Eo”), de Galiza (chamada alí Ría de Ribadeo)”. Ou sexa, na
versión castelá utiliza sempre a denominación
“Ría del Eo”, mentras que na versión galega utiliza ambas
denominacións, pero debe suliñarse que na páxina devandita, nas dúas
edicions, deixa moi claro que ambos toponímicos son equivalentes e ahí
quedou esa mensaxe, avaliada polo concello de Ribadeo, para
os escolantes e profesores que o quixesen consultar ao longo de todos
estes anos e os que veñan. Polo demais, a sé oficial da Asociación Puente
de los Santos está no concello de Ribadeo. Cómpre suliñar que o libro
que comentamos foi editado un ano despois do
acordo anteriormente citado da CENG que establecía como único nome
oficial a “Ría de Ribadeo”, acordo de obligado cumprimento por todas as
administracions públicas do estado español. 

       
A terceira operación estratéxica para normalizar en documentos
oficiais a fórmula “Ría del Eo”, tamén ca participación activa do
concello de Ribadeo, atópase nos informes fundacionais da Reserva da
Biosfera “Eo, Oscos e terras de Burón”. Nestes materiais,
que se comezaron a elaborar no 2007 e foron aprobados definitivamente
no 2013, figura 17 veces a denominación “Ría del Eo” e unha vez a “Ria
del Eo ou Ribadeo”. Pouco que comentar agás que o concello de Ribadeo é o
maior da Reserva da Biosfera. Naturalmente
eses documentos oficiais validados polo concello de Ribadeo subsisten en
todos os organismos autonómicos, estatais e europeos relacionados ca
Reserva da Biosfera. 

       
A estes casos habería que sumar as numerosas exposicións de
fotografías, cadros e outros elementos artísticos presentadas ao público
na oficina de turismo do concello de Ribadeo ao longo de estes anos, nas
que aparecía un día si e outro tamén a denominación
“Ría del Eo” sen que as autoridades municipais puxesen a mais mínima
obxección. Habida conta de que esas exposicións foron visitadas por
centos ou miles de persoas resulta obvio que a denominación devandita
foise extendendo entre visitantes tanto españois
como extranxeiros e considerada a fórmula correcta baixo o patrocinio
do noso concello. 

       
Habería moitos mais exemplos, pero só imos lembrar un cartel
instalado pola Xunta de Galicia na escollera hai mais de 10 anos e
denunciado repetidamente polo asinante. Ahí sigue estando para quen o
queira visitar.
 Neste caso
non figura a denominación “Ría del Eo”, pero o nome legal ata a semana
pasada “Ría de Ribadeo” está suplantado pola fórmula “Rio Eo”. Ninguén
do concello o viu nen tivo nada que decir

       
Chegando aos tempos mis recentes o dia 27 de Novembro de 2019 o
Partido Popular presentou unha moción no Parlamento Asturiano que foi
aprobada por unanimidade, na que se propoñía que o goberno autonómico
estudase os documentos que avaliasen a denominación
“inmemorial” da “Ría del Eo”. A Dirección Xeral de Politica
Llingüística do Principado emitiu o correspondente informe en Abril de
2021, e neses 17 meses o concello de Ribadeo abstívose de opinar ou
informar sobre a cuestión, ainda que as actas do pleno aprobatorio
asoleian infinidade de falsedades e erros flagrantes nas distintas
intervencións. Finalmente cando a operación política estaba
practicamente rematada, o Sr. Alcalde de Ribadeo tomou a palabra para
declarar que agora non está de acordo ca “Ría del Eo” e decidiuse
a participar no expediente administrativo a título puramente
testimonial. Testimonial e mediático por suposto. 

       
Esta é, de xeito moi resumido, a inestimable colaboración do BNG e
do goberno municipal de Ribadeo nos últimos 15 anos para dar todo tipo
de facilidades ao antigo proxecto de sustituir
 un
toponímico recoñecido mundialmente por unha alternativa incorrecta dende
o punto de vista xeolóxico e cartográfico, convertida en unha bandeira
identitaria por intereses sectarios e partidistas. Pero sería
inxusto esquecerse agora do papel subsidiario do PP e do PSOE
 
que tamén calaron como afogados todos estes anos e agora defenden unha cousa e a contraria a 800 metros de distancia.
        
 

 


Evaristo Lombardero Rico 


 

7 de febreiro de 2023


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *