Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

LEONARDO FERNÁNDEZ- REINANTE: Músico e compositor ribadense. Por Celia Castro


LEONARDO
FERNÁNDEZ- REINANTE:


Músico
e compositor ribadense.


Por

Celia Castro

Coñecín
a Leonardo Fernández-Reinante de cativa na Biblioteca Municipal “
El
Viejo Pancho”,
onde
iba a pasar moitas tardes sobre todo no veran. Él era entonces o
encargado, o que nos daba os libros, aconsellábanos lecturas, e
facíanos gardar silencio, esto último non o conseguía moi ben a
pesar dos seus continuos esforzos. É comprensible, éramos novos.


Tamen
ás veces escoitábao tocar o armonio na Igrexa Parroquial, esto e o
coñecer que daba clases de música fixome saber que o seu papel no
campo cultural ía máis aló que as súas tarefas na Biblioteca.


Un
día, hai xa moitos anos, atopéi na casa unha vella fotografía
manchada de tinta, na que figuraba él con outros tres músicos que
compoñían o cuarteto
Os
Ribanova
.
A fotografía tiña o selo de
Foto
Sáez

e
non levaba escrita ningunha data,como era frecuente ata hai moi pouco
tempo.

Lám 1. Fotografía
nunha festa
. Foto Sáez,
Ribadeo.Ca1932-1936. Colección particular.

Polo aspecto do vehículo engalanado con banderines de papel e con bandeiras, podemos pensar que se tratase dalgún evento festivo, probablemente as Festas de Ribadeo, ou de algunha parroquia próxima como Villaselán ou Ove. A bandeira que adorna a carroza, co nome de Tintorería Americana explica a presenza do meu tío avó Xosé Manuel Fernández Candia que aparece sentado na fila inferior, no centro, flanqueado por outros dous personaxes que non coñezo. Meu tío Xosé Manuel, emigróu a La Habana moi novo, e establecéuse en Ribadeo cara a 1931, aquí fundóu dous negocios: La Casa Americana- de sastrería e confección- e a Tintorería Americana, que lle traspasaría ao meu avó en 1937.


Detrás dos personaxes sentados aparece o cuarteto ribadense Os Ribanova, vestidos co traxe típico galego.


De esquerda a dereita:


Leonardo Fernández-Reinante (caixa), Ramón Manso (gaita), Etelvino Méndez (clarinete) e Manuel Martínez (bombo) (1).
Todos eles, xunto con o Fernando Salgado, Primitivo Díaz, Ramón Fuertes ( El Valenciano), e outros moitos, foron importantes figuras da música popular ribadense nos dous primeiros terzos do S.XX, xunto con Carlos Álvarez e Fernández-Cid, organizador e músico destacado tamen na música clásica e sacra.


E así comecei eu a interesarme pola figura de Fernández-Reinante que, neste campo, era para mín un descoñecido.
Según os datos que aparecen na Gran Enciclopedia Galega (2), naceu en Ribadeo en 1906. Estudou no Colexio dos Agustinos solfeo ao mesmo tempo que cantaba como tiple na capela. Desde os 12 anos tocou na Banda de Música da vila, primeiro a caixa e despóis o clarinete, rematando a os 23 os estudos de solfeo, violín e piano.
O seu labor como compositor comezou compoñendo tres pasodobles, unha marcha fúnebre para banda, e, algunhos bailables para piano.


En 1928 créase o cuarteto de música galega Os Ribanova, do que formou parte, que se mantería ata xuño de 1936, disolvéndose por mor da Guerra Civil. Tivo moito éxito, actuando en moitos lugares de Galicia e o occidente asturiano.


Pero tamén Fernández-Reinante tería un papel importante noutros ámbitos da cultura ribadense.


Colaborador da Biblioteca Popular Circulante de Ribadeo, creada en 1927 pola iniciativa de Gregorio Sanz García, Amando Suárez Couto e Camilo Barcia Trelles, xogaría máis tarde un importante papel na súa conservación e custodia.

Lám
2.
Leonardo
Fernández- Reinante na sede da Biblioteca popular Circulante
.
Ribadeo. Ca 1930. Colección particular

En
1923 o artista e intelectual ribadense Amando Suárez Couto creou o
coro galego
Cantigas
da Mariña
,
que sería presentado oficialmente no
Teatro

de Ribadeo o 2 de setembro de 1924, co gallo das festas patronáis.
Nun principio foi dirixido polo mesmo Suárez Couto, e, despois dun
tempo sin actuar- vivindo Suárez Couto en Madrid- renaceu por
iniciativa de Claudio Pérez Prieto, pasando a dirixilo Leonardo
Fernández-Reinante en 1933. En 1934, pola renuncia deste, tomou a
dirección Etelvino Méndez (Álvarez Lebredo , 2003: páx 116-117).

Lám
3 :
CoroCantigas
da Mariña
.
Fotografía anónima. Ribadeo. 1933. Fototeca
Ribadeo
na memoria

O
coro, en varias ocasións, interpretou composicións de Fernández-
Reinante, que xa tiña un nome como compositor, como subliñei. Nas

Riberas del Eo
do
21 de xullo de 1928 (3)
menciónase, con ocasión dun festival artístico celebrado no
Teatro
da
vila a interpretación por parte da orquesta do seu pasodoble,
La
muñeca japonesa
,
aclarando nunha nota, que:

En
esta velada se tocará por primera vez un bonito pasodoble compuesto
por el joven músico ribadense Leonardo Reinante”

Durante
o tempo no que dirixíu
Cantigas
da Mariña
,
nos festivais, actuacións, e veladas teatrais nas que a agrupación
participaba, interpretáronse varias composicións polifónicas del,
todas elas de temática galega, sempre dentro da liña que se
pretendía dar a dito grupo coral, como reseñóu na súa
presentación D. César López Otero:

A
finalidade dos coros , que buscan a conservación do canto popular,
para que no seu día sirvan eses cantos de orixe e fundamento a unha
música de categoría, que sendo esencialmente galega, sexa ao mesmo
tempo de universal aceptación (4).

Airiños
Aires

foi composta en 1933, tomando a letra do poema de igual título de
Rosalía de Castro. É un madrigal que foi estreado no
Teatro
de Ribadeo o día 12 de abril de 1933, e interpretado máis tarde en
varias ocasións. Outras pezas son

Alalá de Ribadeo, Pobre Velliño, Miña Ruliña,
e
Mala
Fola
,
as dúas últimas con letra do escritor Inocencio González.


Inocencio
González Remior, nado en San Miguel de Reinante , emigróu a La
Habana, onde residiu un tempo. Retornou a Ribadeo cara a 1932, e
desde este ano ata 1936 foi un colaborador frecuente do semanario
Las
Riberas del Eo
.
Escribíu poemas, cantigas, relatos e artigos de opinión, en
castelán e en galego, sempre desde unha perspectiva intelixente e
moderada. A súa colaboración nos eventos da vila, e especialmente
co coro
Cantigas
da Mariña,
sería
recollida na prensa contemporánea:

Mañana
dará dos funciones en el
Teatro
de esta villa el coro <
Cántigas d’a Mariña>, con un interesante programa, en el que
figuran las obras de nuestros amigos D. Fernando Salgado <La
Despedida> y <Miña Ruliña> de D. Inocencio González, con
música del director del coro D. Leonardo F.Reinante” (5).

Nestas
actuacións interpretábanse tamén composicións doutros autores
afincados en Ribadeo como Etelvino Méndez ou o castropolense
Fernando Salgado, á vez que de compositores galegos de sona, como
Baldomir, Pascual Veiga,ou Xoan Montes.


En
1934 Fernández-Reinante abandonou a dirección do coro por
discrepancias có presidente do mesmo, Jesús Díaz López,
explicando os seus motivos nunha carta datada o 16 de agosto de 1934,
e publicada en

Las Riberas de Eo
uns
días
despois (6).
Desde a súa dimisión ata 1936
Cantigas
da Mariña
foi
dirixido por Etelvino Méndez.


Con
todo ata 1936 Fernández-Reinante seguíu participando nos eventos
musicáis da vila formando parte de
Os
Ribanova
-que
actuaban en festas e romarías da comarca, e outros puntos de Galicia
e Asturias- e dirixindo o

Orfeón Obrero
,
que, aínda que non tan popular como o cuarteto de música galega,
foi moi ben recibido polos ribadenses. Posiblemente a última
actuación oficial deste
Orfeón
foi o 1 de maio de 1936 co gallo da celebración en Ribadeo da
Festa
do Traballo.
O
semanario

Las Riberas del Eo

describe con minuciosidad os diversos actos celebrados en varios
lugares da vila, actos conmemorativos, ofrendas florais, mitines,
reprentacións teatrais, e especifica que ao longo
da xornada, e no remate da mesma, o
Orfeón
Obrero

interpretou varias pezas que foron acollidas con gran éxito por
parte do público.

Durante
los diversos actos celebrados cantó con mucha afinación varios
himnos el Orfeón Obrero, bajo la dirección del joven y competente
maestro compositor Leonardo.F.Reinante”.

Al
final de la obra el Orfeón Obrero interpretó bajo la experta
dirección de Leonardo.F.Reinante los himnos proletarios,
La
Unión
y La
Internacional
. Siendo al
final de ellos efusivamente ovacionados” (7).

A
partir do 18 de xullo de 1936 co levantamento militar e o posterior
desencadeamento da
Guerra
Civil
,
foron paralizadas todas as actividades culturáis, que máis tarde,
despois da toma da zona polo bando nacional iríanse recuperando en
parte.


Fernández-Reinante,
vinculado ao
Ateneo

e á

Biblioteca Popular Circulante
,
xogou un importante papel na garda dos fondos bibliográficos da
mesma, que custodiou persoalmente para evitar que foran requisados ou
destruidos, devolvéndoos máis tarde, cando xa non corrían perigo.


Tras
a
Guerra
Civil
dedicouse
a dar clases de piano e violín nun establecemento que tiña
alquilado na rúa San Francisco, onde tamén afinaba pianos e vendía
partituras e instrumentos musicáis. Tamén tocaba o armonio e o
órgano nos servizos relixiosos e nas festividades nas que se lle
requería.

Lám 4 : Anuncio
de Leonardo F. Reinante
. Las
Riberas del Eo
. 28 de marzo
de 1942. Páx 4

Con
todo no deixou de crear melodías. Escribiu duas serenatas, unha para
piano e outra para violín. En 1945 compuxo a música dun tango ,
Todo
en la vida es mentira
,
con letra do asturiano Conrado Villar Loza. Ambos dedicáronlle esta
peza, composta para piano ao barítono gijonés Antonio Medio,

en señal de admiración”
.


Conrado
Villar Loza, nado en Taramundi en 1873 escribiu varias cancións e
libretos para obras musicáis en colaboración con outros músicos
ribadenses. Quizáis a máis coñecida é
Un
feixe de tapiegadas
,
con música do mestre afincado en Ribadeo


Etelvino
Méndez, é un sainete lírico con unha serie de cadros escénicos,
que tivo grande éxito. Algunhas das melodías, interpretáronse
soltas, facéndose moi populares.


En
1943 por iniciativa do músico ribadense Carlos Álvarez e
Fernández-Cid -que tanto fixo pola música en Ribadeo- naceu o
proxecto de crear unha Banda de Música como houbera no pasado. Para
elo fundouse tamén unha Academia de Música co fin de formar aos
estudantes que máis tarde serían os compoñentes de dita Banda.

Las
clases se daban en lo que había sido el Club Republicano Radical, en
los bajos del Cantón Bar, y comienzan con Ramón Fuertes Cruces (el
Valenciano), Leonardo Fernández-Reinante y Faustino Pulpeiro Acebo (Gallopín), como profesores” (8)

Nos
anos 60 Leonardo formou parte da exitosa orquestra
L.
Parinni
,
creada polo músico ribadense Rafael Parinni La Granda (
Falucho),
integrada ademáis por Gonzalo Montero,
Trompeta,
Antonio
e
Mocín.
Fernández-Reinante tocaba o contrabaixo. Actuaban en festas
populares e salóns de baile en Galicia e Asturias, sendo un dos
grupos musicáis máis populares e contratados na época.

Lám
5 :
Orquestra
L. Parinni
.
Fotografía anónima. Ribadeo. Fototeca
Ribadeo
na memoria
.

Ademais
destas actividades musicáis, Leonardo proseguiu coas colaboracións
no campo da cultura.


En
1957, inaugurouse oficialmente a Biblioteca pública

El Viejo Pancho
,
tomando Amando Suárez Couto parte activa e desinteresada na empresa,
como fixera anteriormente coa
Biblioteca
Popular Circulante
.
Ademáis de supervisar a organización da mesma deseñou os espazos e
o mobiliario, e, pintóu
in
situ

o enorme retrato sobre táboa (320 x 220 cm) de
El
Viejo Pancho
,
José María Alonso y Trelles Jarén, ribadense afincado en Uruguay
onde foi gloria nacional e señeira figura das letras.
Fernández-Reinante foi nomeado encargado da Biblioteca, función na
que moitos o lembramos.

Cara
a 1959 dátase esta fotografía, que agrupa a unha serie de artistas
ribadenses que traballaban en varios campos da cultura. Nela aparece
tamén Leonardo.

Lám 6 : Amigos
da Arte
. Ribadeo .Ca 1960

Sobre esta fotografía hai poucos datos,
os únicos que se teñen son os publicados por Chemi Lombardero nun
artigo en
La Comarca del Eo
en xaneiro do 2014 (9).


Según
Lombardero o motivo da xuntanza non está claro, quizáis se
pretendéu formar un grupo para realizar actividades en diversos
campos das artes. O autor recoñece:

De
esquerda a dereita, e ao fondo a Carlos Díaz Suárez (violinista e
discípulo de Leonardo Fernández-Reinante e Paco Espina), a María
Baixeras (pianista), Carlos Álvarez e Fernández-Cid ( Farmacéutico,
músico, e creador de varias orgaizacións musicáis en Ribadeo),
Lolo Rego Saavedra (debuxante e pintor),Amando Suárez Couto (músico
e artista pástico), Pepe Cuervo (pintor e escritor), Emilio
Carricoba (director de banda e compositor), Ramón Fuertes-
El
Valenciano
-( músico,
compositor e profesor de guitarra).

Na
fila do medio: Dionisio Gamallo ( escritor, investigador e
xornalista), Suso López Mosqueira ( pianista e pintor), Amador
Fernández Mejeras ( escritor).

Na
primeira fila: Antonio López García (músico e debuxante), Maximino
Aramburu Mejeras (pintor), Leonardo Fernández-Reinante (músico e
compositor), e Ramón Gutiérrez Raimunde ( ebanista e debuxante).

A
partir de 1960, máis ou menos, as súas colaboracións no plano
musical redúcense, penso, a dar clases e a tocar o armonio e o
órgano nas funcións relixiosas da parroquia.


En
xuño de 1971, doou ao
Patronato
Rosalía de Castro

a partitura da súa composición
Airiños
airiños aires
,
sobre o poema do mesmo nome da escritora compostelana, séndolle
agradecido o seu xeneroso xesto polo presidente de dito Patronato, D.
Agustín Sixto Seco.


Tras
unha dura enfermidade falecéu en Ribadeo en 1994.

Bibliografía:

Álvarez
Lebredo,Carlos.
Cincuenta años
de música en Ribadeo. Biografía musical de Carlos Álvarez y
Fernández-Cid
. Diputación
provincial de Lugo 2003

Gran
Enciclopedia Galega.”

Leonardo Fernández-Reinante
Fernández”. T.17. Ed Novos vieiros.A Coruña. 1974. Páx 127

Gutiérrez
Fernández, Eduardo.
Do vello
Ribadeo
. Agrupación Cultural
Francisco Lanza. Ribadeo. 2005

Lombardero
Rico, Chemi. “Artistas ribadenses en 1960”.
La
Comarca del Eo
. 4 de xaneiro
de 2014.Ribadeo.2014. Páx 4

 

Periódicos
e Revistas:

Las Riberas del
Eo.
Ribadeo 21 de xullo de
1928. Páx 6.

Las Riberas del Eo. 21 de octubre de
1933. Páx 6

Las Riberas del Eo. 25 de agosto de
1934. Páx 6

Las Riberas del Eo. 2 de maio de 1936.
Ribadeo. Páx 6

Webgrafía:

osespigueiros.blogspot.com/2018/08/inocencio-gonzalez-remior.html

https://www.vivirasturias.com/arte-cultura-deporte/c/0/i/54824018/villar-loza-conrado

Notas:

1 Carlos Álvarez Lebredo. Cincuenta años de música en Ribadeo. Biografía musical de Carlos Álvarez y Fernández-Cid. Diputación provincial de Lugo 2003. Pp 155-156.

 

2 Gran Enciclopedia Galega.” Leonardo Fernández-Reinante Fernández”. T.17. Ed Novos vieiros.A Coruña. 1974. Páx 127

 

3 Las Riberas del Eo. Ribadeo
21 de xullo de 1928. Páx 6.

 

4 Eduardo Gutiérrez. Do
vello Ribadeo
. Agrupación
Cultural Francisco Lanza. Ribadeo. 2005. Pp 9-10

 

5 Las Riberas del Eo. 21 de octubre de 1933. Páx 6

 

6 Las Riberas del Eo. 25 de agosto de 1934. Páx 6

 

7 Las Riberasdel Eo. 2 de mayo de 1936. Ribadeo. Páx 6

 

8 Carlos Álvarez Lebredo. Cincuenta
años de música en Ribadeo. Biografía musical de Carlos Álvarez y
Fernández-Cid
. Diputación
provincial de Lugo 2003. Páx 75

 

9 Chemi Lombardero Rico. “Artistas
ribadenses en 1960”.
La
Comarca del Eo
. 4 de xaneiro
de 2014.Ribadeo. Páx 4

Nota do blog: Este artigo foi puvblicado de primeiras no libro das festas patronais de Ribadeo 2022.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *