Un novo primeiro sábado de mes, unha nova concentración. Diríase que é unha ‘concentración pensionista‘, pero non: convocada polos pensionistas, é aberta, e avoga polas pensións, si, pero tamén pola sanidade ou educación públicas. Avoga por unha mellor calidade de vida para todos. Por iso é aberta, a todos e todas.
Que non podes ir? Procura o xeito de participar, non te autoexclúas, participa polo ben de todos, incluído o teu.