Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Novas sobre a illa Pancha, dos tribunais e da AVV Por Nuestro Faro


     Hoxe, 16 de novembro, deuse a coñecer un feito encamiñado por outros anteriores: O TSXG desestima o recurso de Eirobra S.L.para evitar o acceso libre á illa Pancha. Despois de anos loitando, a AVV Por Nuestro Faro ve cumprido un dos seus obxectivos, o lograr que a illa sexa do pobo. En realidade, o obxectivo aínda non está conseguido, entre outras cousas porque o acceso pode considerarse parcial ó estar regulado temporalmente, pero esa regulación mesmo podería considerarse beneficiosa. O caso é que a concesionaria non pode dicir ‘ti entras se eu quero e cando eu queira’, e sei que non fun o único que veu o paso negado á illa.

    Como ó final a cousa ía polo xulgado, e contra o concello de Ribadeo, foi o concello o encargado de dar a noticia, cunha nota que deixo abaixo.

    Tamén a AVV Por Nuestro Faro, en relación ó uso da illa Pancha, volve a preguntarlle ó concello de Ribadeo por cousas como o cumprimento da concesión, se xa foi inspeccionado o cumprimento da Declaración Responsable da empresa que deu pé a abrir a cafetería, ou o estado e legalidade da fosa séptica, ‘perdida’ na administración dende hai varios anos e que pode ser unha fonte de vertidos á ría.

    Nota de prensa da AVV Por Nuestro Faro:

Na
sede electrónica do Concello acumúlanse os correos sen resposta que
a asociación de Veciños «Po
rNuestro
Faro»
lle
ten dirixido

ao alcalde, con datas
como
28/08/2021
ou
28/03/2022. Mesmo tras a mediación da Valedora do Pobo, organismo en
Galicia encargado de velar pola transparencia e o dereito á
información, non obtivemos do Concello ningunha resposta clara nin
directa.


Por esa razón, o 16 de novembro
de 2022 enviouse un novo correo ao Concello de Ribadeo, insistindo na
necesidade de obter informacións concretas sobre cuestións vitais
na Illa Pancha.


Á vista do despregue de camiños,
varandas, terrazas e niveis que ocupan de xeito amplo a visión de
calquera visitante que se interne na illa, volvemoslle preguntar ao
alcalde se está en posición de dicirnos «se a cafetaría e os seus
servizos invaden terreos da Illa Pancha fora do espazo concedido de
500 m²». En consecuencia, preguntamos se «as obras de execución
da cafetaría da Illa Pancha, que funciona dende agosto de 2021, se
axustan ao proxecto inicial».


Tamén reiteramos a pregunta
sobre se por fin «existe informe da inspección técnica» que daría
o visto bo á Declaración Responsable da empresa concesionaria para
abrir a cafetaría (lembremos que a cafetaría se abriu por primeira
vez fai xa 15 meses).


Doutra banda, e dado que o
sistema de eliminación de residuais proposto pola concesionaria está
a tramitarse desde agosto de 2018, quixéramos saber se a día de
hoxe “no concello de Ribadeo existe constancia de que a fosa
séptica teña resolución favorable de Augas de Galicia» e que
aclare «cal é o sistema de depuración de residuais, tendo en conta
que pode estar vertendo á Ría de Ribadeo en zona de protección dá
Rede Natura 2000, e que este proxecto foi presentado antes de que
existise a cafetaría que obviamente incrementa as emisións ao medio ambiente.».


AVV Por Nuestro Faro

    Nota de prensa do concello:

TAMÉN O CONDENA AO PAGO DAS COSTAS


Acceso á Illa Pancha


16/11/2022

O alcalde, Fernando Suárez, valora de xeito
positivo a inadmisión a trámite por parte do Tribunal Superior de
Xustiza de Galicia do recurso de casación presentado polo concesionario
do Faro sobre o uso e acceso á Illa Pancha. Barcia subliña que agora
está ben clariño: é libre para todas e todas. 

O rexedor lembrou que “hai poucos meses o Tribunal Superior de
Xustiza de Galicia resolveu de xeito claro que o acceso á Illa Pancha
debía ser libre e público con independencia da xestión que poida facer a
actividade privada, que nunha pequena parte da illa concesionou o
Estado a través da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao”.

Suárez
Barcia dixo que “con isto quedaba resolta calquera outra interpretación
xurídica ao tempo que confirmaba a actuación administrativa levada a
cabo polo Concello de Ribadeo en todo este proceso”.

O alcalde
ribadense manifestou que “lamentablemente, vimos que a aplicación das
sentenzas non eran todo o inmediatas que deberan ser posto que durante
un tempo seguiuse a incumprir por parte do concesionario coa pasividade
da administración titular da Illa, A Autoridade Portuaria Ferrol-San
Cibrao, o que obrigou ao Concello a impoñer sendas multas coercitivas ao
titular da actividade privativa e finalmente un requirimento de non
argallar máis para incumprir as normas ou o Concello veríase na
necesidade de executar as accións subsidiarias pertinentes para garantir
o acceso público”.

Fernando Suárez contou que “o concesionario
apelou esta sentenza e agora vimos de saber hoxe que o Tribunal
desestima completamente ese recurso, e aínda por riba, o condena en
costas”.

O rexedor subliñou que “desde o Concello de Ribadeo,
celebramos que dunha vez por todas quede ben clariño para todos:
particulares, institucións, concesionarios, etc, que o uso e o acceso é
libre. Xa vemos que a Autoridade Portuaria, titular da Illa, foi tomando
as medidas necesarias para que nunca máis teñamos que perder o tempo en
andar xogando ao gato e ao rato. Alegrámonos e valorámolo
positivamente”.

E engadiu que “desde o Concello de Ribadeo
manifestamos, como sempre o temos dito, que nada temos que obxectar ás
actividades que o Estado poida concesionar nesta illa, apartamentos
turísticos ou unha cafetería, como de feito o fai noutros espazos
públicos da súa titularidade no resto do litoral, pero queremos que o
resto de cidadanía poida ir, pasear, pescar ou facer o que lle pete,
dentro dos dereitos e deberes que calquera persoa poida facer no resto
do litoral”.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *