Onte, día 20, o concello puxo a disposición na Sede Electrónica unha nova acta dun pleno, correspondente ó do día 3 de outubro de 2022. (ACTA DO PLENO 2022-0006 [ACTA PLENO ORDINARIO. 3 DE OUTUBRO DE 2022])
Algunha das cousas que ofrece:
– Toma de posesión de David Penas Rivas como novo concelleiro, en substitución de Mariluz Álvarez Lastra.
– ‘Recoñecemento de obrigas’ para o ‘pagamento de axudas’ a concelleiros correspondentes á última parte do exercicio do ano 2021:
– Novo proxecto para Life Global (é a terceira vez que se presenta, despois do rexeitamento dos anteriores presentados)
– Achegas ó CAM (Centro de atención de persoas maiores) de Ribadeo, exercicio 2020.
– Recoñecemento de 8000 € a pagar a diferentes proveedores.
– Dación de conta sobre a situación actual do Hospital Asilo Municipal de San Sebastián e San Lázaro.
– Acordo de adicación a Víctor Moro dunha arteria que se dirixa á ría de Ribadeo.
– O axuste de que organizador das Xornadas Mar por Medio foi a Xunta, colaborando o Concello.
Outras actas de plenos: actas do pleno