Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Por Nuestra Faro agarda novas do Defensor del Pueblo


 AVV Por Nuestro Faro


Nota
de prensa


31 de
agosto de 2022




Por
Nuestra Faro agarda novas do Defensor del Pueblo


 O pasado 22 de Agosto a AAVV “POR NUESTRO FARO” dirixiuse de novo ao defensor del Pueblo solicitando información sobre a situación da nosa
queixa remitida. O motivo desta última queixa foi a falla de Estudo de
Impacto Ambiental no proxecto da cafetería que ven funcionando na Illa
Pancha dende Agosto de 2021.

Os antecedentes son os seguintes: O
19 de maio de 2020 o concello de Ribadeo aprobou o proxecto de obra da
cafetería despois de tramitalo no segredo dos despachos en plena
pandemia do Covid 19. O 20 de xullo seguinte, a AAVV “POR NUESTRO FARO”
presentou un recuso de reposición pola falla de Estudo de Impacto
Ambiental no devandito proxecto. O noso argumento era sinxelo: Se os
apartamentos tiñan que estas suxeitos ao Estudo de Impacto, con mais
motivo o tería que esixir o proxecto de cafetería engadido ao anterior. A
resposta do Concello tamén foi sinxela: Agora non procedía o Estudo de
Impacto. Xustificación xurídica: ningunha. Deseguido o noso colectivo
presenta unha queixa ao Defensor del Pueblo que nos resposta o día
2/XI/21. Da sua resposta resumimos os dous puntos mais significativos:

1º E preceptivo que os Estudos de Impacto Ambiental se realicen ANTES DE DAR AS LICENZAS.


O Concello resposta con evasivas ao Defensor sobre o Estudo de Impacto.
(Comentario noso: Resulta obvio que non existía, dado que eso foi a sua
resposta ao noso recurso).

O paso seguinte do Defensor é
solicitar informes da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia,
pero esta aínda non respostara en marzo de 2022, polo que a oficina do
Defensor vese obrigada a reiterar a petición de informes naquela data.
Agora, seis meses despois da última comunicación desta oficina ao noso
grupo, temos que dirixirnos de novo ao Defensor para tentar actualizar
esta información tan sinxela: ¿Hai Estudo de Impacto Ambiental ou non o
hai? ¿Que está sucedendo? Que a Xunta de Galicia e o Concello de Ribadeo
están toureando ao Defensor del Pueblo e desautorizando a súa función
para dar largas e consolidar a privatización ilegal da Illa Pancha.

Xa
temos demostrado en numerosas ocasións que non hai unha soa denuncia
presentada polo noso grupo que non se axustase a verdade e á normativa
legal vixente en Europa e no Estado Español. Hai un mes que a Autoridade
Portuaria, despois de darlle mil voltas durante sete anos e de tramitar
un expediente de todo punto ilegal dende o primeiro día, obrigou a
abrir as portas de acceso dentro de un horario limitado.

O
Concello de Ribadeo non fixo mais que abeirarse aos criterios (e
intereses) da Autoridade Portuaria poñéndose de costas aos informes
xurídicos do Defensor del Pueblo. Debemos suliñar mais unha vez que non
existe ninguna xerarquía administrativa entre os concellos e as
autoridades portuarias, polo tanto o concello de Ribadeo é libre e
independente á hora de conceder as licenzas e se decide abeirarse á
Autoridade Portuaria é por unha decisión puramente política da sua
exclusiva responsabilidade.

Quedamos na agarda da resposta do Defensor e anunciamos que haberá novas frescas nos próximos días.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *