As plataformas para tentar un aproveitamento sustentábel da enerxía eólica seguen o seu curso, neste caso, na procura de apoios:
Eólicos no monte Pindo. Lic. CCBYSA3.0 de Lmbuga en https://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Enerx%C3%ADa_e%C3%B3lica_-_O_Pindo_-_Galicia.jpg |
Tres plataformas veciñais piden
posicionamento á Asociación InterEo, Concellos
e xestores da Reserva da Biosfera “Río
Eo, Oscos e Terras de Burón”.
A potencial implantación masiva de complexos eólicos na Reserva da Biosfera “Río Eo, Oscos e Terras de Burón”, coloca en alto
risco a declaración da Reserva da Biosfera, debido á degradación
ambiental e social causada polo impacto acumulado desta proposta de
invasión.
Conxuntamente, as plataformas veciñais Xente de Oscos-Eo, Stop
Eólicos Negueira e Eólicos na Mariña, Así Non promoveron e
apoiaron a campaña estatal promovida por ALIENTE (Alianza Energía y
Territorio) pola cal se solicita unha moratoria científica en
tódalas Reservas de la Biosfera ata que se realice o “estudo
sobre a viabilidade de instalacións
eólicas, fotovoltaicas e termo solares,
incluída a
repotenciación, e infraestructuras asociadas en territorios
declarados Reserva da Biosfera en
España”.
Esta solicitude foi presentada ó
Ministerio para a Transición Ecolóxica e
o Reto Demográfico (MITERD) o pasado mes de
xullo, sendo apoiada por 447 colectivos vinculados a 35 Reservas
da Biosfera de toda España. Cabe resaltar que la Reserva de
la Biosfera “Río Eo, Oscos e
Terras de Burón” é a que máis apoios
tivo con 134 colectivos de diferente índole
(Concellos, asociacións veciñais e culturais, montes veciñais de
man común, empresas de diversos sectores, etc), mostrando o crecente
rexeitamento social á invasión eólica que se está pretendendo
impoñer na nosa Reserva da Biosfera.
As Plataformas lamentan que ante a gravidade da situación, non
haxa un claro posicionamento para defende-la Reserva
da Biosfera nin por parte dos Concellos,
nin por parte dos xestores, xa que
ata o momento apenas dous Concellos, o de Negueira de Muñiz e o de
Santalla de Oscos, se adheriron á campaña (que segue aberta para
novas adhesións).
As Plataformas denuncian que a ameaza de invasión é
real (ver Táboa 1) e que a proposta
de macroproxectos centralizados non é
a solución por presentar graves problemas tales como: (I) o seu
potencial é limitado e menor do actual consumo
enerxético, (II) depende de materiais escasos,
(III) tén unha gran dependencia fósil (para a extracción de
materiais, fabricación e instalación) e (IV) está centrado na
electrificación (que supón o 20% do consumo actual).
Táboa 1. Número de aeroxeneradores
e potencia en funcionamento e en
tramitación dentro da Reserva da Biosfera e
na área de influencia de 10km
En |
En |
|||
Nº |
Potencia |
Nº |
Potencia |
|
Dentro |
286 |
318,06 |
333 |
1082,705 |
Na |
150 |
200,33 |
264 |
1031,86 |
Ademáis, as Plataformas apuntan que existen alternativas. Tomando
como base la filosofía das Reservas da Biosfera de ser un
instrumento para “exemplificar un novo
modelo de relación do ser humano coa Natureza”,
as Plataformas apuntan que a Reserva da Biosfera é un escenario
fantástico para propoñer unha transición enerxética xusta,
baseada nun modelo de enerxía renovable
distribuído, promovendo o aforro enerxético, o
autoconsumo e a eficiencia enerxética. Unha transición que poña ás
persoas e tódalas formas de vida no centro.
Por fin, as Plataformas novamente solicitan ó Concellos e Órgano
Xestor posicionamento, adhesión á campaña e unha reunión para
discuti-la problemática eólica e o posicionamiento ante a mesma.
Máis información da campaña en:
https://aliente.org/moratoria-cientifica-reservas-de-la-biosfera