Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

As datas esquecidas no acceso á Illa Pancha. AVV Por Nuestro Faro


Os faros de Illa Pancha, por Hugo Vital Hidalgo, na Galipedia, Lic. CC BY SA 3.0


 

As datas esquecidas no acceso á Illa Pancha

Expoñemos deseguido as datas máis significativas e os trámites, moi
resumidos, do asunto do acceso á Illa Pancha polos veciños e visitantes.
Non entramos aquí en outras graves irregularidades como é a falla de
Estudo de Impacto Ambiental, preceptivo en Rede Natura 2000, a fosa
séptica sen resolución dende agosto de 2018, o desdoblamento do
proxecto, etc.

Véxanse as datas e os pasos deste proceso:

Decembro de 2103: A Autoridade Portuaria anuncia a posta en marcha do Programa « Faros de España ».

Febreiro de 2014: O proxecto da Illa Pancha chega a Ribadeo pero o Concello non informa ao vecindario.

24
de xullo de 2014 : O Concello informa favorablemente o proxecto pero
non informa ao vecindario. Tampouco esixe a entrada libre, que xa era o
momento para deixalo claro e non admitir nengún trámite máis sen que
esto quedara sentado. Tampouco lle pon pegas ao uso exclusivo da illa
para os usuarios dos apartamentos. Este é o primeiro documento do
Concello en relación cun proxecto que xa levaba seis meses en Ribadeo

24 de abril de 2015 :
O Sr. Alcalde de Ribadeo declara ao diario El País que o proxecto de
Fomento é “un premio para Ribadeo” pese a que a porta estará pechada ao
público.

30 de abril de 2015: Nace
“Por Nuestro Faro” como un grupo de Facebook chegando en poucos días aos
700 afiliados. Recollida de sinaturas contra o proxecto, máis de 2600.

30 de xuño de 2015:
Apróbase a concesión pola Autoridade Portuaria por vía directa, ou sexa,
sen concurso público. O alcalde non di nada, o Concello non esixe o seu
dereito a presentar un proxecto propio nen defende o dereito de outras
empresas a concursar. O proxecto xa leva no Concello máis de un ano.

Xullo de 2015: Accións e
movilizacións do colectivo Por Nuestro Faro. Manifestos baseados en Non á
privatización, acceso libre a Illa Pancha.

Novembro de 2016: O Sr. Alcalde recoñece de palabra por primeira vez que o acceso a Illa Pancha debe ser libre “Esto non Grecia, as illas non se poden privatizar” (menudo desliz).

Decembro de 2017: O
Concello concede a licenza de apertura dos apartamentos ca condición de
que a porta da illa esteña aberta ao publico, pero este pequeno matiz
non se comunica á opinión pública.

Os apartamentos
empezan a dar servizo exclusivamente ás persoas que aluguen unha
habitación. A porta está pechada e o Concello non se comproba se se
cumplen as condicións da licenza, ou sexa, se a porta está aberta ou
non.

Xuño de 2018: O Colectivo
Por Nuestro Faro solicita o acceso ao expediente do proxecto. O Concello
non resposta en dous meses. O colectivo Por Nuestro Faro recurre á
Valedora do Pobo Galego esixindo a aplicación da Lei de Transparencia.
Os apartamentos levan medio ano funcionando ca porta de acceso pechada
ao público e o Concello non o comproba.

Xaneiro de 2019: O
colectivo Por Nuestro Faro accede ao expediente despois de seis meses de
solicitalo porque a Valedora do Pobo Galego obliga ao Concello a
cumplir a lei de transparencia. O colectivo descubre por primeira vez o
documento de inspección onde consta que a porta estaba aberta as duas da
tarde do día 1 de decembro de 2017 (¡qué casualidade!), o que deu pe a
conceder a licencia de apertura.

Abril de 2019: O colectivo
Por Nuestro Faro denuncia ao Concello que a porta sigue pechada despois
de verificalo repetidamente. O Concello non resposta .

Xuño de 2019: O colectivo denuncia os feitos á Fiscalía de Mondoñedo.

Setembro
de 2019: A Fiscalía resposta que a porta debe estar aberta dacordo ca
lexislación vixente, pero non é delicto penal e remata a sua actuación. O
colectivo publica a resposta da fiscalía. A porta segue pechada.

Outubro de 2019: O Concello
comunica á concesionaria que debe manter aberta a porta da illa ao
acceso libre da veciñanza e visitantes, e advirtea do posible uso do
decreto 144/2016 da Xunta de Galicia
que o faculta para suspender a lizenza de actividade por incumplimento
das condicións, pero o Concello non aplica nengunha medida eficaz e a
porta segue pechada. Neste momento xa van 21 meses cos apartamentos
funcionando sen que o Concello tome medidas eficaces para cumplir as
condicións da licenza.

Agosto
de 2021: A porta de acceso á Illa Pancha ábrese a algunas horas para o
acceso á cafetería. O resto do ano segue pechada, con algunha apertura
esporádica.

Agosto de 2022: A Autoridade Portuaria esixe a apertura parcial da porta da Illa en horarios controlados.

En
resumen, o Concello de Ribadeo nunca esixiu a apertura da porta de
acceso á Illa Pancha por iniciativa propia. Cando o fixo foi polas
denuncias do colectivo Por Nuestro Faro que demostrou a flagrante
ilegalidade da situación. Ainda máis, deixou que actividade seguise
durante 21 meses sen comprobar o cumprimento da licenza e cando tomou
algunha medida foron simples notificacións, pero non se aplicou a lei
que esixe o cumplimento das licenzas con peche da actividade en caso de
incumprimento grave.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *