A VV Por Nuestro Faro
Nota de prensa
20220805
Un paso cara a
liberdade da Illa Pancha
Dende a AVV Por Nuestro Faro acollemos con
satisfacción a nova que hoxe transmiten os medios sobre a
rectificación da Autoridade Portuaria en relación ó acceso da IllaPancha. Por ese motivo, e á espera de coñecer máis detalles,
deixamos aquí de xeito sucinto o noso comentario á pouca
información que coñecemos polos medios.
Facemos unha valoración positiva polo que a
nova actuación da Autoridade Portuaria supón de recoñecemento
dunha situación que Por Nuestro Faro ven denunciando dende hai 7
anos diante da Autoridade Portuaria e do Concello de Ribadeo.
De calquera xeito, recalcamos que na
actualidade a Autoridade Portuaria só ten na illa Pancha en activo o
novo faro, debendo volver ó pobo o edificio das vellas instalacións
e o resto da illa. Por que ten que expropiar a Autoridade Portuaria a
illa Pancha ó pobo de Ribadeo? Debe a illa Pancha ter diferentes
criterios de acceso e peche que o faro da Punta da Cruz que ten
fronte a ela? Ten acaso diferentes condicións climáticas e de
seguridade que a punta da outra beira da ría de Ribadeo? Son
diferentes as condicións climatolóxicas e de seguridade para un
ribadense que para un cliente do hotel?
Ademais doutros aspectos que tamén nos
preocupan e dos que temos alertado, queremos lembrar que seguimos á
espera do estudo de impacto medioambiental prometido pola autoridade
Portuaria e denunciado por a nosa asociación, polo Defensor del
Pueblo e por Ecoloxistas en Acción.
Para rematar, tamén lamentamos que a difusión
da nota de prensa do Concello polos medios teña sido parcial, e o
que implica que dita nota certifique que o Concello podía ter
actuado hai anos.
Á espera de coñecer detalles concretos, damos
tamén as grazas a tanta xente que nos ten apoiado e á que as novas
expectativas de uso da illa Pancha veñen a dar, tamén, a razón.