Co gallo do bando, emitiuse unha nota de prensa:
MULLERES E HOMES ORGULLOSOS DE PERTENCER A ESTA TERRA
Día Nacional de Galiza
25/07/2022
No Bando con motivo da celebración do 25 de
xullo, Día Nacional de Galiza, o alcalde, Fernando Suárez, subliña que
“a patria galega formámola as mulleres e os homes que, por nacemento ou
por sentimento, temos conciencia e o orgullo de pertencer a un pobo e
unha terra cunha historia e unha cultura do noso”.
O rexedor asegura que “aspiramos a ser un país dono do seu destino,
que nos permita traballar dignamente na nosa terra… unha comunidade dona
dos seus recursos naturais… e un país cunha sanidade pública forte, un
sistema de pensións garantido, cunha educación pública dotada de
orzamentos axeitados, centrada na nosa sociedade e motor de futuro”.
No
Bando Suárez Barcia lembrou que este día ven “presidido pola
preocupación cidadá por moitas situacións que nos desacougan como
sociedade, como a situación sanitaria, social, económica, etc”.
E
rematou sinalando: “construamos esa Galiza con orgullo de seu e á vez
solidaria e agarimosa con todos os pobos do mundo, nomeadamente cos
oprimidos, unha patria de mulleres e homes libres”.
—