Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Acto do pleno ordinario de 31 de maio de 2022


    A acta do pleno do pasado día 31 de maio de 2022, ordinario, inclúe algunha cousas que non facía presupoñer o enunciado dos apartados da convocatoria. Por exemplo, as preguntas que quedaron sen contestar (ó final da acta), ou o extracto que saco da p. 13 e poño a continuación, dun aumento no orzamento de 90 000 €. Dese aumento, a maior parte lévaa o incremento da ‘nosa’ subvención ás Panchas, seguida polo correspondente á subvención ó Ribadeo Indiano, e por último a ‘maquinaria para pintar’, relacionada coa pintura de estradas que se difundiu en nota de prensa hai algún tempo.

:


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *