Hai quen pensa que ‘ter unha pensión‘ é a solución, e xa pode despreocuparse. A historia, e máis a recente, está aí para amosar que non, que non é así, que o que se logrou hai que defendelo como alternativa a perdelo. Que pode parecer un agasallo, pero non, o que é é un dereito. Que pode parecer que cae do ceo, pero non, senón que tivo un custe de traballo, unha vida de traballo. E os dereitos hai que traballar para conseguilos, para facelos valer, para non perdelos… Unidos, solidarios, pois cada quen pola súa conta, mal vai. E quen non os defende, pensando que xa os defenderá outra xente, está a loitar en contra desa outra xente que si os defende.
Un mes máis, concentración polas pensións en Ribadeo este sábado ás 12 no catón.