Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

De cinco meses a cinco días


    Publico este post máis que nada pola sorpresa. Un documento (“ACONDICIONAMENTO E RENOVACIÓN DO BARRIO DA PEGA E DA RÚA RÍO DE AMALLÓ“) pasa cinco meses no concello sen moito movemento, e, de pronto, danse cinco días -naturais, que inclúen un sábado e un domingo- para que a xente o vexa e alegue. Ou non entendín e algo se me escapa, ou coido que, sendo un tema que o concello manexa, ou debera manexar abondo mellor que a xente, máis ben os tempos deberan ser ó revés, non trinta veces menores para a xente que para o concello, senón trinta veces menores para o concello que para a xente.

    Ó que ía. A documentación, primeiro, os cinco días de exposición e alegación (‘exame e reclamacións’):

    E logo, a ligazón ó proxecto, só 290 páxinas. Se te interesa, le rápido.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *