Onte foi a presentación da nova edición (8ª, 2022) da media maratón. Reproduzo a nota de prensa do concello.
ORGANIZACIÓN E COLABORADORES DESTACAN A SÚA IMPORTANCIA
VIII Media Maratón Ribadeo-As Catedrais
03/05/2022
A VIII Media Maratón Ribadeo-As Catedrais
celebrarase o 17 de setembro. No acto de presentación, que tivo lugar
esta mañá, participaron o alcalde, Fernando Suárez, o concelleiro de
Deportes, Jorge Díaz, o xerente de Acisa, Jesús Pérez, o delegado do
Progreso na Mariña, Xavier Lombardero, o concelleiro de Turismo, Pablo
Vizoso, e o técnico municipal de Deportes, Iván Rodríguez.
O alcalde, Fernando Suárez, dixo que “aquilo que hai oito anos
iniciamos como un experimento foise consolidando ata ser hoxe en día
unha cita ineludible das medias maratóns, que discorre por un lugar do
máis fermoso tanto de Galicia como de todo o Cantábrico e de todo o
Estado. Centos de persoas son os que cada ano se anotan nesta media
maratón entre Ribadeo e As Catedrais. Confiamos que centos de persoas o
volvan facer para esta nova edición, na que contamos con moitos
colaboradores que co seu apoio fan que sexa unha das carreiras con máis
boas críticas, en canto a organización, a intendencia e a que os
obstáculos difíciles destes 22 quilómetros se fan moito máis levadíos co
apoio de toda esta xente, entre eles o xornal El Progreso, a asociación
de comerciantes e o resto de xente que nos bota unha man”.
O
concelleiro de Deportes tivo palabras de agradecemento para os
colaboradores: “agradecer a Acisa, ao Progreso e a todos os
colaboradores, pero sobre todo ao voluntariado porque é importante no
percorrido e sen os voluntarios non poderíamos facer este evento, para a
que necesitamos moita xente e moito apoio. As inscricións vanse abrir a
partir deste mércores, día 4, desde as cinco da tarde. Para os 100
primeiros serán 5 euros, despois dos cen primeiros a partir do 17 de
maio serán 6 euros, do 18 de maio ao 25 de xullo serán 7 euros, a partir
do 26 de xullo ata o 15 de agosto serán 8 euros, e do 16 de agosto ao
13 de setembro, 9 euros. Cremos que son prezos módicos, atractivos para
todo o mundo que queira participar e competir dentro do que poidan.
Esperemos que a máscara se quite, que non teñamos que volver a ela e que
todo o mundo poida disfrutar desta proba única”.
O xerente de
Acisa, Jesús Pérez, sinalou: “desde Acisa Ribadeo estamos moi
satisfeitos de poder colaborar un ano máis con esta edición da media
maratón. Para nós é moi importante este evento, que atrae a centos de
persoas, entre participantes e acompañantes, e que axuda a levar o nome
de Ribadeo a moitos lugares de Galicia e de España. Polo tanto poder
colaborar con este evento e outros similares para nós é importante, como
o é dar a coñecer Ribadeo e que a xente que participe disfrute da
hostalería e do comercio. Polo tanto dámoslle as grazas ao Concello de
Ribadeo por contar con nós”.
O delegado do xornal El Progreso na
Mariña, Xavier Lombardero, dixo que “As Catedrais vai a máis. Es una de
esas pruebas que cuando hablas de ella o preguntas por cualquier sitio
dicen que es muy bonita; la gente se acuerda de ella por el recorrido y
por el ambiente y en El Progreso estamos encantados de estar siempre
ahí. Es una estupenda bandera para A Mariña”.