Vídeos de Ribadeo poden atoparse moreas. Seguro que, se te pos, tardas varios días en localizar e ver só en Yoyutube vídeos de Ribadeo. Na procura do último ‘institucional’ sobre as Pedras da Memoria, decateime que hai unha boa cantidade de vídeos con nostalxia ou con encanto de Ribadeo, que aparecen e desaparecen de xeito periódico. Son vídeos para a memoria ou para o turismo, sobre o que a ría esconde ou sobre o pasado de Ribadeo no mar, ou a chocolateira, ou… E por iso, sendo consciente da cantidade (só eu teño cargado máis de dous centos, boa parte deles referidos a Ribadeo e as súas cousas, e ningún o faigo aparecer aquí abaixo), collín un puñado – 13 – dalgúns que considerei máis relevantes para amosalos aquí. Repito: non están todos, senón só uns poucos. Non son ‘os mellores’, senón unha mostra. Posiblemente non son os que elixirías ti: collinos eu, sen pararme moito sabendo que a colección ía ter – sempre – eivas. Iso si, espero que os desfrutes.
E, se queres máis vídeos no blog…