Nota de prensa de Por Nuestro Faro
Ante a noticia da nova sentenza sobre o acceso á illa Pancha
O
día 14 de abril de 2022 tivemos coñecemento da sentenza do Tribunal
Superior de Xustiza de Galicia do día 22 de marzo anterior, que
desestima o recurso da empresa concesionaria dos
apartamentos da Illa Pancha contra a sentenza do Xuzgado nº2 do
Contencioso Administrativo de Lugo favorable ó concello de Ribadeo que
esixía a apertura ao público da porta de acceso. Dito así semella que a
illa estará aberta aos veciños nos próximos días,
pero de iso non hai indicios. Para que se entenda a situación, debemos
lembrar que o concello concedeu a licenza de actividade dos apartamentos
o día un de decembro de 2017, ca condición expresa de que a porta
estivese aberta ao público sen limitacións. Sen
embargo, pese as reiteradas denuncias do noso grupo de que a porta
seguía pechada, o Sr. Alcalde negouse a aplicar a lei, suspender a
licenza e pechar os apartamentos por incumprimento das mínimas
condicións de seguridade do establecemento hostaleiro. E aquí
chegamos a un punto decisivo que tanto o concello como os tribunais de
xustiza eluden sistematicamente pese ás denuncias do noso grupo: O peche
sistemático da porta da Illa Pancha non só incumpre as esixencias da
Lei de Costas sobre o dereito de acceso da
veciñanza á zona de servidume de tránsito, senón o que é moito mais
grave, a barreira que supón a porta a ambulancias, equipos de extincións
de incendios e outros servizos de este tipo. Aquí debemos suliñar unha
vez mais que a connivencia entre o concello
de Ribadeo e a Autoridade Portuaria do Ministerio de Fomento para
privatizar a Illa Pancha bordea nunha responsabilidade criminal en caso
de accidente, incendio ou imprevistos similares. Por eso cargar as
tintas agora sobre a empresa concesionaria, que naturalmente
ten a sua parte de responsabilidade, non deixa de ser unha artimaña
para eludir o nó gordiano da cuestión, que é a decisión política do
concello de Ribadeo e da Autoridade Portuaria de privatizar a Illa
Pancha a calquera custe.
Imos facer un breve reconto dos feitos para poñer ao dia ao lector non iniciado.
1º- Entre 2013 e 2015 o
Concello de Ribadeo e a Autoridade Portuaria consensuaron os procesos e
os trámites para privatizar a Illa Pancha.
2º- O día 1 de decembro de
2017 o Concello de Ribadeo concedeu a licenza de apertura dos
apartamentos ca condición de que a porta de acceso estivese aberta ao
público en xeral pero a porta seguiu pechada, con aperturas
intermitentes, de onde se desprende que o concello non fixo nada
práctico por esixir o cumprimento das condicións da licenza.
3º- En xaneiro de 2019 os
representantes de Por Nuestro Faro puidemos acceder por primeira vez ao
expediente da concesión da licenza de actividade, despois de seis meses
de reclamalo ao concello e vernos na obriga
de solicitar a intervención da Valedora do Povo de Galicia, diante da
negativa reiterada da administración local a permitirnos ter acceso ao
expediente. Nesa data soubemos por primeira vez que a licenza de
apertura estaba condicionada á apertura do acceso
ao público en xeral. Pero xa tiveran pasado 13 meses e a porta seguía
pechada e o concello non fixera nada para que se abrise.
4º- Os días once de abril e
oito de maio de 2019, visto que a porta de entrada na Illa Pancha seguía
pechada rexistramos sendos escritos no concello de Ribadeo dando conta
ao Sr. Alcalde desta circunstancia, ao mesmo
tempo que o puxemos en coñecemento da opinión pública. Só suliñar que o
Sr. Alcalde non respostou.
O día 24 de xuño de 2019
formalizamos unha denuncia por escrito na Fiscalía do Xulgado de
Mondoñedo polo recorte dos dereitos democráticos dos veciños, ao non
permitirse o acceso a un espazo libre de uso comunitario,
engadindo os documentos máis significativos que avaliaban os feitos
denunciados. Ao cabo de poucas semanas a fiscalía confirmounos que a
apertura da porta era preceptiva sen ningunha dúbida. Pero a porta
seguía pechada.
Finalmente, o dia 3 de
outubro de 2019, despois das nosas denuncias reiteradas e dos informes
da Fiscalía, o Concello de Ribadeo notificou á empresa concesionaria a
obrigatoriedade de manter aberta ao público a devandita
porta da Illa Pancha. A partir de esta data a concesionaria presenta un
recurso contencioso administrativo contra o concello no Xuzgado nº 2 de
Lugo que dicta sentenza en abril de 2021, reiterando que a porta debe
permanecer aberta con un informe no que se
reafirma ¡19 veces! neste punto crucial, pero a porta segue pechada.
Deseguido a concesionaria recorre esta sentenza ao TSXG
e agora temos a nova sentenza deste alto tribunal que é negativa para
concesionaria ademais de cargarlle as costas. Ou sexa doblemente negativa.
5º- Ao longo deste proceso, e
agora ímolo reiterar, o noso colectivo ten esixido ao concello
repetidamente que aplique neste caso a lexislación sobre incumprimento
de licencias sen mais dilacións,
non so pola perda de dereitos dos veciños e
visitantes senón o que é moito mais grave polos riscos de seguridade
derivados do peche permanente do acceso a un servizo público.
Debe engadirse que hai outros moitos
aspectos legais que deberan incluírse neste trámite, especialmente o
cumprimento do estudo de impacto ambiental que esixiu o informe do
Defensor del Pueblo de febrero de 2017, ratificado cinco
veces máis, a falla de resolución sobre os verquidos á ría pola fosa
séptica non autorizada, a falla de memoria económica de viabilidade do
proxecto, a invasión reiterada dos espazos non concesionados, a falla de
informe sobre as obras da cafetería e outra
serie de puntos de dudosísima legalidade.
En resumen, a sentenza
agora coñecida do TSXG só ven a ratificar e confirmar que as denuncias
da Asociación Por Nuestro Faro, sempre se axustaron a dereito e sempre
defenderon os intereses colectivos dos ribadenses,
e mesmo que o concello non fixo mais que dilatar as decisións e agochar
información para facilitar a privatización da Illa Pancha e impedir que
os veciños e veciñas poidan desfrutar do seu dereito legal a entrar
nese espazo cando lles pete.
En consecuencia, o noso
colectivo esixe unha vez mais que se cumpra a lei e pregunta ao Sr.
Alcalde por qué se manten unha actividade que incumple as condicións da
licenza despois de catro anos e medio xenerando un
risco evidente para a seguridade e dando pe a duas sentenzas
condenatorias.
AV POR NUESTRO FARO
Ribadeo, 18.4.2022