Ata corenta persoas participaron ca concentración de pensionistas nun tempo chuvioso, pero que abriu a partir daquela. Deixo en baixo o lido por Evaristo Lombardero, desta volta o único orador, e un par de fotos de Suso Fernández.
Unha nota: comezouse unha recollida de sinaturas.
Bo día.
Imos comentar tres temas da máxima actualidade para o
colectivo de pensionistas, aínda que como todo o que nos afecta son asuntos
que veñen de vello aínda que se están agudizando recentemente.
En primeiro lugar temos o informe
presentado por Enriqueta Chicano, presidenta de Tribunal de Contas, o
martes 22 de marzo diante da comisión mixta Congreso-Senado sobre
“gastos impropios” cargados
ás contas da Seguridade Social dende 1989 ate 2018.O Tribunal de Contas calculou que neses 29 anos cargáronse aos fondos da Seguridade Social 103 690 millóns de euros como
mínimo en partidas non contributivas, e que polo tanto deberan
haber sido financiados polos presupostos da Administración Xeral do
Estado. E fixádevos que traigo este dato que xa coñecemos
porque ven de ser presentado polo Tribunal de Contas, cuxos 12 membros
son nomeados polo Congreso e polo Senado pero a súa independencia dos
partidos políticos é bastante
grande xa que unha vez nomeados teñen un regulamento autónomo para
fiscalizar as contas do estado.
Pero é que a cousa vai bastante mais alá
porque o mesmo tribunal de contas recoñece que unha gran parte dos
gastos impropios financiados pola Seguridade Social son agora
imposibeis de calcular
como consecuencia da transferencias ás CCAA e de financiancións doutras partidas máis complexas nas que non me vou extender.
E esto ven a conto ademais porque recordaredes que en outubro de 2021
as plataformas de pensionistas presentamos diante
do parlamento a esixencia de que se fixese unha auditoría das contas da
seguridade social e aquela proposta foi discutida e aprobada polas
plataformas do movemento de pensionistas
a nivel de todo o estado e posteriormente recolléronse penso que unhas
trescentas mil sinaturas e agora vemos o resultado. Ademais dos 63 mil
millóns de euros transferidos aos bancos, dos que non devolveron máis que
uns seis mil millóns. Aínda que sobre esto segue
habendo certo obscurantismo, temos a que cifra real de gastos impropios
cargados aos fondos da seguridade social é moi superior á que se
recoñecía, que foi descuberta pola iniciatva dos movementos de
pensionistas ao esixir a auditoría de contas da Seguridade
Social e que supón polo menos o monto total das pensións do estado
español dos dous últimos anos. Non me extendo, so insistir no cinismo
dos que seguirán repetindo que a S. Social non é sustentable e todas
esas lerias da dereita e de unha parte do goberno.
O segundo tema que quero comentarvos é
que o día 24 de marzo, ou sexa o xoves da semana pasada, o goberno, o PP,
Ciudadanos e Vox sumaron os seus votos para rexeitar a enmenda a
totalidade do proxecto
de lei para o impulso dos Plans de Pensións de Emprego
presentada por Esquerra Republicana de Cataluña, EH-Bildu, Más
país-Equo, BNG e Compromis. Non me vou extender nesto porque xa o temos
moi comentado estas semanas e como sabedes o Proxecto de
lei foi aprobado polo Consello de Ministros o 22 de febreiro. Este
proxecto, como é sabido, é un paso importante cara á privatización do
sistema de pensións. Por unha banda favorecendo a capitalización dos
particulares que só poderán asumir os colectivos con
ingresos mais altos, en segundo lugar
facilitando a xestión privada de estes fondos, e sobre todo reducindo a
cotización das empresas de xeito que a descapitalización dos fondos de
pensións será inevitablemente progresiva.
Máis unha vez compre suliñar que este proxecto é o resultado de unha
decisión política, que non ten a mais mínima xustificación dende o punto
de vista da planificación económica, que non aporta nada para garantir o
futuro da sustentabilidade do sistema de pensións
e que só conduce a poñer nas mans das grandes
financieiras enormes cantidades de capital que destinarán onde estimen
máis beneficioso para elas sen ningunha compensación para as clases
traballadoras.
Finalmente quero comentarvos o que xa esiximos por enésima vez. E é que agora imos iniciar a recollida de sinaturaspara presentar ao goberno no mes de xunio para que se aplique a
subida das pensións de acordo co IPC real e non con eses sistemas de
cálculo retorcidos que non reflicten o aumento verdadeiro dos prezos
para a as clases traballadoras. Como sabedes estamos
diante de unha suba que está a carón do 10 por cento, por unha serie de
razóns anteriores ás que se suma a recente guerra de Ucraína e as
políticas económicas arredor dos mercados das enerxías. Non me vou meter
na trampa ou no bucle de si esta suba de prezos
e por culpa de Arabia Saudí, de EEUU, de Rusia, ou de calquer outra
potencia petrolífera ou enexética. O único que quero suliñar é que as clases traballadoras non se poden
poñer como pardillos a discutir se foi antes o ovo ou a galiña
que é o que eles queren. Naturalmente eu leo, como todos vos, noticias,
declaracions e artigos sobre a suba dos preczos, pero por un ouvido me
entran e por outro me saen ou por un ollo me
entran e por outro me saen. Non digo que non esteña ben ler,
informarse, recoller información e opinións de medios e dirixentes
serios. O que non se pode facer é tomar partido polas regueifas entre os
poderes políticos e económicos alleos aos interses das
clases traballadoras. Os prezos suben sencillamente porque os que teñen
a sartén polo mango queren gañar máis e porque esa é a dinámica natural
do sistema capitalista. Pode haber algún empresario moi rico que polos
motivos que sexa dea algunas doazóns ao terceiro
mundo, aos hospitais ou a calquer outra actividade caritativa, pero eso
non ten nada que ver ca estratexia de acumulación de capital á que esta abocado inexorablemente o sistema
capitalista e que conduce sempre e en todos os países ao aumento dos
prezos para aumentar as ganancias do conxunto do sistema
independentemente de que algunhas empresas ou algúns
capitalistas se arruinen no proceso devorados por outros da competencia. Pero ese é problema deles. Entón esto ten que quedar moi claro para
todos os sectores das clases traballadoras: todas as disculpas e excusas
sobre que se aumentan os salarios e as pensións
aumenta a inflación son falsos argumentos para xustificar as ganancias
desorbitadas do capital e a sua voracidade insaciable especialmente no
momento actual que a chamada financiarización fai que a economía
especulativa domine a economía produtiva e poña os
prezos e os produtos de primeira necesidade fora do alcance das
economías da clases mais necesitadas.
Polo tanto esiximos sen ningún tipo de
dúbidas o noso derito a reclamar a suba das pensións con arreglo ao IPC
real e non manipulado nen afeitado, moi especialmente das pensións mais
baixas..
GOBERNE QUEN GOBERNE AS PENSIONS DEFENDENSE!!!