Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Nota de prensa Asociacion Por Nuestro Faro


 

Asociación Por Nuestro Faro

Ribadeo

— Nota de prensa —

    Ribadeo, xoves 10 de marzo de 2022

    Dende o mes de maio do pasado ano 2021, a Asociación Por Nuestro Faro mantén de novo contacto coa oficina do Defensor del Pueblo, en Madrid, diante da que temos exposto as nosas queixas en relación a algunhas das irregularidades detectadas por nós no desenvolvemento da concesión da Illa Pancha. Queixas que se resumen nos últimos parágrafos do escrito presentado hai case un ano: “(…) por el incumplimiento del Ayuntamiento de Ribadeo (…) al aprobar un nuevo proyecto de cafetería en la Isla Pancha que, a todas luces, viene a incrementar los impactos medioambientales del proyecto anterior y que no ha sido evaluado de ninguna forma de acuerdo con la normativa (…)

    En días pasado rematamos de recibir unha información do Defensor, da que a parte fundamental é a seguinte:

    “Con relación a su queja, tramitada con el número arriba indicado, ante la tardanza en recibir la información que esta institución solicitó a la Consellería de Medio Ambiente, Territorio y Vivienda, se le informa de que con esta misma fecha se ha solicitado su remisión urgente.”

    É dicir, de novo as administracións entorpecen a defensa do territorio e dos administrados.

    Lembramos que o mesmo Defensor ten apuntado xa en outubro de 2018 que as nosas queixas van ben encamiñadas. Así, como dicía nun parágrafo nun escrito desa data, “En las actuaciones descritas por la Autoridad Portuaria no se ha solicitado el parecer del órgano ambiental ni tampoco se han aportado datos objetivos sobre la no afección del uso hotelero al espacio protegido, lo cual es insuficiente para excluir la evaluación ambiental.”

    Por desgraza, diversas administracións, do concello ó Estado, pasando pola Xunta, teñen debilitada ou inexistente a defensa do común e do interese xeral e medioambiental, o que fixo que, naquel momento, e a pesar dos indicios evidentes, o Defensor chegara ó límite das súas funcións e non puidera seguir adiante.

    Agora, seguindo o noso camiño por unha illa Pancha de todos e en harmonía co medio ambiente, remitimos no seu momento documentos abondos como para abrir un novo expediente. E é que na Illa Pancha seguen a producirse novas incidencias, e o acudir ó Defensor forma parte dos nosos esforzos por lograr a illa Pancha que Ribadeo se merece.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *